Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba e reside en Vigo

Agustín Fernández Paz non acepta o Premio da Cultura Galega

Cultura 16/11/2010
 19 comentario/s - Envía a túa opinión

O escritor Agustín Fernández Paz fixo pública esta tarde a súa decisión de non aceptar o Premio da Cultura Galega concedido pola Xunta de Galicia na categoría das Letras. O literato remítese a un comunicado de Prolingua do pasado 8 de outubro, no que se afirmaba que "nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega".


A manifestación sairá o domingo, ás 12:00, da Alameda de Compostela

Manuel Martín (SOS-Sanidade Pública): “A medida da Xunta colapsará a sanidade pública galega”

Sociedade 16/11/2010
  Envía a túa opinión

“Na defensa e mellora da sanidade pública”. Baixo este lema SOS- Sanidade Pública convida a toda a cidadanía a participar na manifestación deste domingo, 21 de novembro, na Alameda de Santiago. Unha protesta contra a política sanitaria da Xunta de Galicia que está a deteriorar e facer inviable economicamente o sistema sanitario público galego, como paso previo a súa privatización, afirman desde o colectivo. A plataforma vén de presentar, ante o Valedor do Pobo, unha denuncia pola licitación das obras do novo hospital de Vigo dentro dunha fórmula mixta, e advirten que este sistema "levará á ruína" ao sistema sanitario.


O artista escribindo

A realidade máis descoñecida do Laxeiro

Cultura 08/11/2010
  Envía a túa opinión

A Fundación Laxeiro de Vigo acolle, ata o 30 de xaneiro, a exposición “Laxeiro, escritos. Pensamentos, recordos e relatos”. Na mostra saen á luz, por primeira vez, unha escolma de escritos inéditos do artista lalinés. Será ademais un avance do que se recollerá nun libro que se publicará proximamente, no que se recompilan 200 textos do artista, a partir dos que se constrúe o pensamento do creador. Son textos poéticos, relatos e recordos, soños, diarios e reflexións, escritos sobre arte e relatorios mais pregóns que deixan ver a concepción do mundo do lalinés.


Ismael Serrano

Ismael Serrano recala en Galicia

Sociedade 06/11/2010
  Envía a túa opinión

A xira do cantautor madrileño Ismael Serrano recalará a semana que vén en Vigo e Pontevedra, onde ofrecerá dous concertos incluídos dentro da programación conxunta de Caixanova e Xacobeo 2010 nos que presentará os temas do seu novo álbum, Aprendiendo a vivir.


A Contrabutaca estrea “Frantasmas”, unha comedia irreverente a base de gags

Cultura 03/11/2010
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

Un antigo caserón de estilo vitoriano reproducido a gran formato é a particular cámara dos horrores da nova montaxe de Producións A Contrabutaca. Frantasmas, que así se chama a peza, estréase ás seis e media desta tarde no Auditorio Vidal Bolaño da Cidade Universitaria de Vigo. Con entrada de balde, a obra, recomendada para maiores de 14 anos, preséntase “como un novo xeito de entender a comedia en Galicia”, segundo o seu director, Xosé Lueiro. Trátase dun espectáculo que mestura gags, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes, seguindo o ronsel que compañías estatais como Sexpeare, Capa i Espasa, Pez en Raya ou Yllana. Precisamente, un dos membros da compañía madrileña, David Ottone, fixo unha colaboración especial na dirección de Frantasmas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros