Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Miro Villar naceu en Cee en 1965

Miro Villar gaña o XIII Certame de Poesía de Carral

Cultura 11/05/2010
  Envía a túa opinión

Miro Villar, coa súa obra As crebas resultou gañador do Concurso de Poesía Concello de Carral do presente ano. O xurado escolleu o libro de Villar entre as 46 obras presentadas ao certame. Salientou a súa mistura de clasicismo, culturalismo e compromiso social, o acerto co que integra as alusións mitolóxicas no discurso poético e o novidoso tratamento que fai da modernidade temática.


Reapertura de Alvedro, Lavacolla e Peinador

Sociedade 09/05/2010
  Envía a túa opinión

Os aeroportos de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo reabriron ao tráfico aéreo ás 17 horas de hoxe ao despexar a nube de cinzas volcánicas. Fontes do Ministerio de Fomento indican que a reapertura non é definitiva e que, dependendo da evolución da nube, non desbotan ter que adoptar de novo medidas de restricción ao tráfico aéreo ao longo da semana.


O aeroporto de El Prat de Barcelona reabriuse onte ás 22 horas.

Os aeroportos galegos retrasan a apertura cando menos ata as 16 h.

Sociedade 09/05/2010
  Envía a túa opinión

Os aeroportos galegos veñen de retrasar a súa apertura ata as 16 horas, segundo as últimas previsións de AENA. Aena facilita información no número de teléfono 902 404704 e no 91 3211000. En principio preveíase a apertura dos aeródromos ás 11 da mañá. Iso provocou que moitos pasaxeiros se achegaran ás terminais esta mañá.


O Mustallar é o teito de Lugo con 1935 metros de altitude

O Mustallar, o teito dos Ancares

Sociedade 09/05/2010
  Envía a túa opinión

O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros organiza unha camiñata polos Ancares dentro do seu programa Andares por Galicia. O punto de destino é o cumio do Mustallar. Sairáse o sábado 12 de xuño ás catro da tarde de Perillo. Chegaráse ao lugar de Degrada, onde se preparará o aloxamento no albergue. Haberá unha ruta- paseo pola tarde antes da cea.


Fotografía: Europa Press

Aeorportos pechados ata as 18 horas

Sociedade 08/05/2010
  Envía a túa opinión

As compañías aéreas buscan solucións para a situación creada tras o peche dos aeroportos da cornisa cantábrica pola chegada da nube volcánica. Diante da cancelación dos vóos previstos para este sábado ofrecen aos pasaxeiros a posibilidade de cambiar o billete para outro dia ou reintegrar o importe desembolsado. Para un avión a Lanzarote que tiña previsto sair esta tarde desde Santiago de Compostela, contratouse un autobús ata Porto, e o vó sairá desde a cidade portuguesa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros