Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 28 de Maio de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Raquel Arias posa cos gañadores do certame

Judith Rodríguez, de A Pastoriza, e Carmen Mato, de Vilalba, recolleron os seus premios como gañadoras do Certame de narración sobre o Nadal

Sociedade 12/02/2010
  Envía a túa opinión

As nenas chairegas Judith Rodríguez Gasalla, da biblioteca da Pastoriza; e Carmen Mato Maseda, de Vilalba, recibiron onte os seus premios como gañadoras, dentro da categoría de cativos de ata 8 anos, do Certame de narración sobre o Nadal impulsado pola Biblioteca Provincial e no que participaron rapaces de 10 bibliotecas públicas de Lugo. O propio edificio lucense foi o lugar escollido para o acto de entrega así como a presentación da publicación que recolle os traballos premiados na edición do pasado ano.


Imaxe da especie Herba da Pampa nun tramo da A-6

ADEGA denuncia que a presenza da Herba da Pampa podería danar zonas da Rede Natura ao seu paso por Begonte

Sociedade 11/02/2010
  Envía a túa opinión

ADEGA, xunto coa Protectora de Animais Exóticos de Galicia (PAEXGA), ven de denunciar ás Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente os posibles perigos que a especie vexetal denominada Herba da Pampa poden ter para o entorno da Terra Chá, concretamente para o medio ambiente do Concello de Begonte.


Uns mozos ollan os paneis da exposición en Sotavento

O Parque Eólico Experimental Sotavento acolle a exposición temporal “Nuestras propias soluciones”

Sociedade 11/02/2010
  Envía a túa opinión

O Día Mundial da Enerxía traerá unha nova exposición á Fundación Sotavento Galicia. Desde hoxe e ata o vindeiro 22 de febreiro permanecerá aberta nas súas instalacións a mostra “Nuestras propias soluciones”, que é a primeira das exposicións temporais que este Parque Eólico experimental instalado na parroquia de Momán, no concello lugués de Xermade, programará durante o 2010.


Imaxe da primeira directiva da XOTRAMU

XOTRAMU constitúese como unha Asociación e xa definiu a súa primeira Xunta directiva

Cultura 10/02/2010
  Envía a túa opinión

Os xogos tradicionais xa teñen forma e corpo oficial, despois de que se formalizase a Asociación Cultural e Deportiva dos Xogos Tradicionais de Muimenta (XOTRAMU). Esta nova institución ten a súa orixe na celebración da I Edición da festa dedicada a estes pasatempos, que tivo lugar o pasado 31 de maio de 2009. A organización da II Edición, posiblemente no primeiro fin de semana de xuño, será un dos seus cometidos durante este 2010.


Os nenos poderán desfrutar dun Antroido repleto de actvidades en Xermade

Xa está en marcha o Antroido Infantil de Xermade

Sociedade 10/02/2010
  Envía a túa opinión

Os disfraces, as bromas, e a xoldra para os cativos ocuparán o seu lugar durante o Antroido Infantil organizado polo Concello de Xermade entre o sábado 13 e o martes 16. Tódalas tardes de 16.00 a 19.00 horas no Pavillón Polideportivo da vila chairega os nenos desfrutarán de diferentes actividades para pasar un bo carnaval.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros