Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Pleno de Allariz

O Parque Empresarial de Chorente e A Fábrica centran o pleno extraordinario de mañá en Allariz

Institucional 12/03/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O pleno da corporación municipal reúnese mañá en sesión extraordinaria ás doce do mediodía no Salón de Actos do Concello de Allariz. A orde do día centrarase na aprobación do prego de cláusulas administrativas e convocatoria do concurso por procedemento aberto e trámite ordinario para a concesión do servizo de cafetería do Centro Cívico de A Fábrica. O segundo punto será a aprobación das bases reguladoras e convocatoria do procedemento aberto da venda de parcelas no Parque Empresarial de Chorente. A terceira e última cuestión a abordar será a adxudicación provisional do contrato de obras de pavimentación e alumeado en dito polígono industrial.


Centro Cívico A Fábrica

A corporación municipal de Allariz sacará de novo a concurso a explotación do Centro Cívico A Fábrica

Sociedade 11/03/2009
  Envía a túa opinión

O pleno da corporación municipal que se celebrará o vindeiro venres 13 de marzo sacará a concurso a explotación do Centro Cívico A Fábrica. O obxecto deste concurso, cuxa forma de adxudicación do contrato de xestión será o procedemento aberto, é a concesión do servizo de cafetería do Centro Cívico A Fábrica do Concello de Allariz que inclúe, ademais, o mantemento das instalacións do inmoble consistentes na propia cafetería, sala de exposicións, club de piragüismo e xardíns colindantes.

 


Cartel das V Xornadas de Igualdade

O obradoiro “As menciñeiras habelas hailas” inaugura en Allariz as Xornadas de Igualdade

Sociedade 10/03/2009
  Envía a túa opinión

A quinta edición das Xornadas da Igualdade entre homes e mulleres daba comezo o domingo en Allariz. Dentro da programación atópase un obradoiro no que poden participar homes e mulleres e que leva por título “As menciñeiras habelas hailas”, impartido pola axente forestal Zeltia Burgos Tortosa. Terá lugar ás sete e media desta tarde no Fogar Maior.

 

 

 

 


Cartel do obradoiro de cestería

O local social de Santa Mariña, en Allariz, acolle un obradoiro de recuperación da cestería

Sociedade 09/03/2009
  Envía a túa opinión

Tradicións artesanais como a cestería, unha actividade propia do Concello de Allariz, xa contan cunha programación de dinamización social e económica no municipio. O local social de Santa Mariña acolle o traballo da Escola de Cestería que realizará en breve un obradoiro específico sobre esta actividade.

 


Adolfo Dominguez ten tenda outlet en Allariz

Entre o outlet e o deseño de moda

Sociedade 06/03/2009
  Envía a túa opinión

Allariz vai camiño de convertirse na capital da moda de Galicia. Ao indubidable éxito do outlet aberto no casco vello da vila, que todas as fins de semana atrae a numerosos visitantes, súmase tamén a importancia da Escola de Deseño que funciona na localidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros