Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Cándido Pazó é o responsable de “Memorias das Memorias dun neno labrego”

Cándido Pazó leva á escena o Balbino de Neira Vilas e os lectores

Cultura 28/10/2010
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre”. Así comeza a obra Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Un texto que o vindeiro 5 de xaneiro celebra o 50 aniversario da súa publicación, unha data especial que Cándido Pazó quixo aproveitar para renderlle a súa particular homenaxe “por tratarse dun libro incorporado á memoria colectiva e que nos permite lembrar as vivencias dunha xeración”. Faino co espectáculo Memorias das Memorias dun neno labrego, que se estreará este sábado, ás nove da noite, no Auditorio Municipal da Illa de Arousa.


Portada da revista secuestrada

A revista Retranca, especial visita do Papa, secuestrada pola imprenta

Cultura 26/10/2010
  Envía a túa opinión

O número de revísta Retranca que estaba a piques de saír, e tiña como tema central a próxima visita do Papa a Galicia, acaba de ser secuestrado pola imprenta. Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma. Presentaráse publicamente o vindeiro sábado en Pontevedra.


Segundo Seixo ante a actitude do goberno só queda a vía da presión

A CIG non desbota unha nova folga xeral

Sociedade 25/10/2010
  Envía a túa opinión

A Confederación Intersindical Galega anuncia a convocatoria de mobilizacións para o mes de novembro. A central nacionalista “non baixará os brazos” para exixir novamente a retirada da reforma laboral e demandar que non se leve a cabo a reforma das pensións. Ademais reclaman medidas estruturais dirixidas a mudar o “actual modelo económico neoliberal, por outro máis xusto e sustentable”. O mércores 3 de novembro, celebrarán unha asamblea nacional de delegados, que rematará cunha manifestación en Compostela. Continuando con estas medidas de presión, programan para o 18 do vindeiro mes, manifestacións en todas as cidades galegas, entre as 19:00 e as 20:00 horas.


O PSdeG denunciou casos de transfuguismo en Silleda, Mos e Gondomar

Os socialistas galegos auséntanse do Comité Federal do PSOE

Sociedade 23/10/2010
  Envía a túa opinión

Os membros galegos do Comité Federal do PSOE ausentáronse da votación da lista única de candidatos ás cidades de máis de 50.000 habitantes para expresar o seu rexeitamento "rotundo" ao transfuguismo, ao ratificar o máximo órgano do partido entre congresos ao alcalde de Benidorm, o ex socialista Agustín Navarro. Segundo informaron fontes do PSdeG, os socialistas galegos tomaron esta decisión -en lugar de votar en contra- para evitar incorrer na "contradición" de opoñerse aos seus propios cabeza de lista.


“A saia da Carolina” convértese en símbolo da defensa do idioma galego

Sociedade 23/10/2010
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O feito de que nas aulas de música de sexto de primaria do colexio da Laxe de Marín, e en moitos máis colexios galegos, os nenos estuden a canción tradicional “A saia da Carolina” en castelán provocou a indignación dun grupo de persoas que decidiron crear a plataforma cívica “A saia da Carolina en galego”, amosando así o seu rexeitamento á política lingüística da Xunta de Galicia e á intención do executivo de conseguir unha “falacia imposible”, segundo o colectivo, “o bilingüismo harmónico”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros