Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

A pancarta colgada da Torre de Hércules da Coruña

Espectacular acción de Greenpeace en defensa da pesca artesanal

Sociedade 03/05/2010
  Envía a túa opinión

Reclaman da Unión Europea medidas para protexer os océanos e apostar pola pesca artesanal. Con ese obxectivo membros de Greenpeace colgaron este mediodia unha gran pancarta de 200 metros cadrados da Torre de Hércules da Coruña. A protesta coincide coa reunión do comité de expertos que esta tarde comezará na cidade herculina.


O Kiosko Alfonso saca do esquecemento ao pintor galego César Otero

Cultura 01/05/2010
  Envía a túa opinión

“Unha ollada á árbore da vida”, este é o título dunha mostra que vén de inaugurarse no Kiosko Alfonso da Coruña. A exposición amósanos 68 das obras máis destacadas do pintor coruñés César Otero, “un home moi coñecido no medio pictórico, pero un gran descoñecido para a xente”, segundo comentou en Radiofusión o comisario da mostra, José Ramón López Calvo. Otero é un dos pintores galegos máis experimentais. A pesares de que se criou na pintura clásica tanto a través dos seus estudos de Belas Artes como na Escola de Arquitectura, fuxiu de cuestións formais e de estilo para ir ao fondo das cousas.



Instalacións da refinería de Repsol entre A Coruña e Arteixo

A Inspección de Traballo páralle os pés a Repsol

Sociedade 27/04/2010
  Envía a túa opinión

A Inspección de Traballo dirixiuse esta tarde a Repsol, instando a non poñer en marcha a planta de coque da Refinería da Coruña, ata que non se aclaren as circunstancias do accidente que causou queimaduras de gravidade en dous traballadores. Os empregados continuan hospitalizados en situación estacionaria.


Monumento aos Mártires de Carral

Radiofusiòn homenaxea aos “Mártires da Liberdade”

Sociedade 26/04/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Radiofusiòn lembrou os sucesos que remataron o 26 de abril de 1846 co fusilamento dos denominados Mártires de Carral. Unha edición especial do magazine Arredor de nós rememorou esta mañá aqueles feitos, recuperando a opinión de diversos historiadores sobre o suceso, achegándose ás celebracións que o conmemoran e recollendo tamén a opinión dos rexedores de Teo e Carral. Este último, José Luis Fernández Mariño,  cualificou a rebelión en Galicia contra o “totalitarismo” de Narváez como un “símbolo da defensa das liberdades”.


Obradoiro de Poesía

A creación poética de Culleredo

Cultura 19/04/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O II Obradoiro de Poesia de Culleredo que dirixe o poeta e editor, Miguel Anxo Fernan Vello, chega hoxe á súa terceira xornada. O taller esta a constituir un autentico éxito de contidos e de participación, xa que perto de 40 alumnos/as do concello e o seu entorno estan participan no mesmo dun xeito moi intenso e participativo. Esta actividade vén precedida pola calidade da edicion do ano pasado que culminou coa edición pola Concelleria de Cultura e a Editorial Espiral Maior dun caderno-libro dos Poemas dos participantes. Algo que está previsto realizar de novo ao remate deste II obradoiro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros