Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Cartel do casting para o Centro da Moda

Un casting elixirá aos alaricanos que conformarán o Centro da Moda

Sociedade 24/03/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz organiza un casting de fotos entre os alaricanos e alaricanas para formar parte do futuro Centro da Moda. A casa-torre dos Catro Oxea, un edificio nobre situado fronte ao Centro Social O Portelo, na actualidade patrimonio do Concello de Allariz, dedicará as dúas plantas superiores ao futuro Centro da Moda, un escaparate da moda galega e do traballo relacionado co sector téxtil moi vinculado á vila.

 


Cartel de “Memoria de muller”

A vida das galegas en “Memoria de Muller”

Sociedade 23/03/2009
  Envía a túa opinión

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información en colaboración co Concello de Allariz presentou ás seis e media desta tarde a iniciativa “Memoria de Muller” no Fogar dos Maiores de Allariz. Mulleres de 23 concellos galegos, entre eles Allariz, crearon vídeos nos que con imaxes antigas e a súa propia voz narraban boa parte das súas vidas. Rosa Borrajo Cid, Divina González Franco, Herminia Quintas Fernández, Teresa Cid Martínez e Carmela Feijoó Soto son as seis mulleres alaricanas que formaron parte deste proxecto. Elas contan a súa vida relacionada coa costura, labor compartida con boa parte das mulleres galegas. Coa proxección destes vídeos quérese agradecer a estas mulleres a participación nesta actividade, a través da que quixeron abrir o caixón das súas lembranzas para compartir a súa memoria cos demais.


Imaxe de Allariz durante a Festa do Boi

Só A Coruña e Allariz, cooperan en serio

Institucional 23/03/2009
  Envía a túa opinión

Os Concellos de A Coruña e Allariz son os únicos de Galicia que adican máis do 0,1% do seu orzamento a cooperación e solidaridade. Afirmouno así o director do IGADI Xulio Rios, no acto de presentación do Infome Zero sobre o esforzo que realizan as institucións para promover o desenvolvemento. Segundo esas fontes no ano 2006 a media do orzamento dedicado a eses menesteres situouse no 0,045% nos concellos galegos.


O Concello de Allariz anima aos veciños a doar sangue

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará o venres no Campo da Barreira

Sociedade 18/03/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Allariz e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan unha iniciativa común co obxectivo de promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue. As persoas que desexen participar, poden acudir á unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia o venres 20 de marzo no Campo da Barreira de 10:00 a 14:00h e pola tarde de 16:00 a 21:00h.


A igualdade protagoniza as actividades alaricanas

Minda Lusquiños fala dos coidados no mundo actual

Sociedade 17/03/2009
  Envía a túa opinión

A programación dedicada á consecución da igualdade entre as mulleres e os homes continúa esta semana cunha soa actividade debido á festividade de San Xosé. Trátase dun obradoiro para homes e mulleres que se celebrará no Fogar do Maior a partir das sete desta tarde. “Que me quentou a cariña” versará sobre os coidados de hoxe dende unha perspectiva sexolóxica na que falará a traballadora social e sexóloga Minda Lusquiños Garrido.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros