Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Ensemble Oni Wytars

Dous concertos esta fin de semana na illa de San Simón

Sociedade 22/10/2010
  Envía a túa opinión

A illa de San Simón acollerá esta fin de semana dous novos concertos enmarcados dentro do ciclo Espazos Sonoros. O primeiro dos concertos será o sábado ás 19:00 horas a cargo do grupo Ensemble Oni Wytars quen presentará o seu espectáculo Mediterraneum. Un programa que lle ofrece ao ouvinte unha pasaxe por músicas de diferentes épocas tomando sempre como referencia e argumento o mar Mediterráneo.


A uva albariña, buque insignia

Sociedade 22/10/2010
  Envía a túa opinión

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas dá por concluída oficialmente a campaña de vendima 2010, na que foi a colleita máis elevada da súa historia, con 31.686.516 quilos de uva recolleitos. Esta cifra supón o maior volume recolleito até a data por esta denominación de orixe, cun crecemento do 34.1% con respecto á campaña anterior.


Lazo de solidariedade contra o cancro de mama

Rosa Acuña (Adicam): “O cancro non é sinónimo de doenza fatal”

Sociedade 19/10/2010
  Envía a túa opinión

O 20 % das mulleres españolas en idade de risco non realizan mamografías periódicas para previr o cancro de mama. Esta xornada, 19 de outubro, celébrase o Día Mundial do Cancro de Mama, unha data para concienciar á poboación feminina que canto máis cedo se faga unha diagnose máis posibilidade haberá de erradicar a doenza do corpo. Esta enfermidade é o tumor máis frecuente no mundo occidental pero tamén a que máis se supera.


Carlos Guisande

O profesor da Universidade de Vigo, Carlos Guisande, crea un sistema de identificación de especies mariñas

Sociedade 18/10/2010
  Envía a túa opinión

Ipez, un sistema experto para facilitar a identificación dos peixes adultos, creado polo profesor do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, Castor Guisande, permitirá que a Universidade olívica entre na FAO. Ipez comezou a cobrar forma hai catro anos e hai un ano e medio que funciona de forma on-line, na dirección de internet www.ipez.es. A Fao e a universidade asinaron un acordo para que Guisande implante este sistema a nivel mundial.


Praza do Concello de Ponteareas

Morre un mozo de Salvaterra do Miño en accidente

Sociedade 17/10/2010
  Envía a túa opinión

Un mozo de 17 anos, identificado coas iniciais J.A.M.M., morreu e outro de 18, N.F.A, atópase moi grave, cando o automóbil que conducía este último saíuse dunha estrada esta madrugada na localidade pontevedresa de Ponteareas, informou a Garda Civil de Tráfico. O accidente ocorreu sobre as 1.26 horas cando, por causas que se investigan, o condutor, veciño de Salvaterra de Miño do mesmo xeito que o seu acompañante falecido, perdeu o control do vehículo, un Peugeot 306, e saíuse pola marxe esquerda da vía.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros