Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Obradoiro de Poesía

A creación poética de Culleredo

Cultura 19/04/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O II Obradoiro de Poesia de Culleredo que dirixe o poeta e editor, Miguel Anxo Fernan Vello, chega hoxe á súa terceira xornada. O taller esta a constituir un autentico éxito de contidos e de participación, xa que perto de 40 alumnos/as do concello e o seu entorno estan participan no mesmo dun xeito moi intenso e participativo. Esta actividade vén precedida pola calidade da edicion do ano pasado que culminou coa edición pola Concelleria de Cultura e a Editorial Espiral Maior dun caderno-libro dos Poemas dos participantes. Algo que está previsto realizar de novo ao remate deste II obradoiro.


Culleredo vive unha semana arredor do mundo do libro

“Algo máis que libros”

Cultura 19/04/2010
  Envía a túa opinión

Baixo este lema celébrase a “X Semana do Libro de Culleredo”. Unha iniciativa organizada pola Concellería de Cultura de Culleredo a través das súas Bibliotecas Municipais “Xosé Cardeso Liñares” e “Uxío Novoneyra” de Vilamelania – Vilaboa e “Miguel González Garcés” de O Burgo. A cita que arrincou o pasado venres remata o vindeiro venres 23 de abril. O evento inclúense numerosos obradoiros de 3D, plastilina, de ilustración, de iniciación á banda deseñada, de poesía, ademais de actividades de comic, contacontos, de teatro ou espectáculos poéticos.


Aeroporto de Alvedro - Culleredo (A Coruña)

Cancelación de voos nos aeroportos galegos

Sociedade 18/04/2010
  Envía a túa opinión

Os aeroportos de Labacolla, Peinador e Alvedro cancelaron boa parte dos seus voos previstos para esta xornada dominical. A nube de cinza volcánica non chegou a Galicia, pero o peche de moitas terminais europeas e españolas impide a normalidade na saída e chegada de avións. Un dos voos suspendidos foi o que saía da Coruña con destino Barcelona ás 21,05 h. As compañias aereas facilitaban billetes aos pasaxeiros para o voo de mañá luns á mesma hora.


Os zapatos dos bailaríns desprenderán faíscas neste espectáculo

O baile irlandés máis rápido e técnico no Teatro Colón de A Coruña

Sociedade 16/04/2010
  Envía a túa opinión

“Magic of the dance" aterra no escenario do Teatro Colón Caixa Galicia o luns 19 de abril, para amosar o seu espectáculo, unha alternativa ao baile irlandés en clave de Tap Dance, coreografiado polo oito veces campión do mundo, John Carey. O espectáculo narra unha historia de amor no marco dunha Irlanda devastada pola fame, onde o ben e o mal se enfrontan, mesturándose a traxedia, a maxia e o romance. ‘Magic of the dance’ caracterízano os profesionais do xénero como o máis rápido, e técnico baile irlandés. A actuación estaba prevista para este serán pero por mor do caos aéreo en Europa non poden acudir á cidade herculina nesta xornada.


Refinería de Repsol hoxe

Mañá constitúese unha comisión de investigación sobre o accidente da refinería

Sociedade 15/04/2010
  Envía a túa opinión

O comité de empresa da refinería de Repsol na Coruña constituirá mañá venres unha comision de investigación sobre o accidente que esta mañá provocou feridas graves en 2 empregados. Os traballadores continúan ingresados con queimaduras no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros