Envía a túa opinión
Dous nenos saharauís son os protagonistas das imaxes que o fotógrafo Pelu Vidal mostra ata o vindeiro 18 de xaneiro na Casa da Torre de Redondela (Pontevedra) dentro dun proxecto promovido pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO). Unha recompilación das imaxes tomadas polo fotógrafo redondelán ao longo de dous meses de convivencia con algúns dos nenos que forman parte do programa Vacacións en Paz retratan os contrastes cos que se enfrontan os cativos que anualmente participan deste programa.
Envía a túa opinión
A xeración de galegos de 1950, protagonistas das grandes mudas socioeconómicas habidas na Galiza dese tempo, son as voces recollidas no estudo de Manuel Pérez Rúa que ven de ser galardoado co premio ensaio Ramón Piñeiro 2009, impulsado pola editorial Galaxia, a fundación Gas Natural-Unión Fenos e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O trasvase campo-cidade, os procesos de industrialización, os cambios ideolóxicos, relixiosos e lingüisticos son algúns dos aspectos que, a través das vivencias directas dos seus persoaxes, se estudan nesta radiografía social da Galiza de mediados do século XX.
Envía a túa opinión
Xogar ao cine de ficción, inventando historias e personaxes que logo se rodan en secuencias, facer documentais ou experimentar co cine de animación facendo bonecos de plastilina, son algunhas das máxicas actividades que os nenos de Vigo poderán realizar no primeiro obradoiro de cine para nenos que organizará a Asociación Vigo Film Comisión en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia. “Nadal de Cine” impartirase do 23 de decembro ao 5 de xaneiro no IES Audiovisual de Vigo e terá como monitores aos propios alumnos dos ciclos de Producción e Audiovisuais do instituto.
Envía a túa opinión
Este é o título da historia con forma de monólogo na que Rober Bodegas lembra a chegada do seu espertar sexual, e como, grazas á intervención de personaxes tan dispares como Lorena Berdún, John Lennon ou Bruce Lee, conseguiu dar o paso de neno a home (vamos, que botou un polvo). O de Carballo sobe ao escenario do Bar Liceum de O Porriño este sábado con este novo espectáculo.
Envía a túa opinión
A asociación Loaira de Redondela ven actuando como punto de distribución de alimentación ecolóxica para os seus asociados, poñendo en contacto directo aos consumidores e aos produtores. Deste xeito promoven un consumo responsable, que teña en conta ao produtor e ao medio ambiente. Agora tamén utilizan o cine para suscitar a reflexión en públicos máis amplos.