Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Mapa da zona licitada. fonte: Consellería de Medio Ambiente

Medio Ambiente adxudica as obras de reforzo da LU-120 no tramo de Vilalba e o Cruce do Arneiro, que se iniciarán no mes de Marzo

Sociedade 08/02/2010
  Envía a túa opinión

O treito da LU-120 que transcorre entre Vilalba e o Cruce do Arneiro modificará o seu firme a partir de marzo, mes no que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará as obras de reforzo de mellora de varias interseccións desta estrada. O departamento que dirixe Agustín Hernández vén de adxudicar este proxecto por un importe de case máis de 3,5 millóns de euros (3.524.032), á empresa Probisa Tecnología y Construcción, S.L. O prazo estipulado de remate é de 12 meses, polo que estaría lista en marzo de 2011.


O Bus da Lectura achegarase ata Vilalba o vindeiro luns

Vilalba acollerá na tarde do luns a visita do autobús de Promoción do Libro e da Lectura

Sociedade 05/02/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O autobús de Promoción do Libro e da Lectura parará na tarde do luns na Praza da Constitución de Vilalba. Será a partir das 16.00 e ata as 17.30 horas. Esta visita enmárcase dentro das celebracións do “Ano do Libro e a Lectura” do 2010 e que está a levar a cabo a Consellería de Cultura e Turismo.


Vázquez Portomeñe e Criado Guizán, no centro da imaxe, durante a Xunta de Seguridade Local

Lugo e a Terra Chá están no podio das zonas mais seguras de España

Sociedade 05/02/2010
  Envía a túa opinión

A provincia de Lugo é a terceira con menor taxa de delitos de España. A súa porcentaxe, un 15,59% por cada mil habitantes, a sitúan no podio de seguridade de todo o Estado, tan so por detrás de Badaxoz e Navarra, que ocupan os dous primeiros postos. Este dato foi revelado hoxe polo Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, na sesión ordinaria da Xunta Local de Seguridade de Vilalba, á que tamén asistiron Alcalde do Concello, Gerardo Criado Guizán, así como representantes da Garda Civil e da Policía Local.


A deputada nacionalista María Xosé Veiga Buján durante unha intervención

Veiga Buján defende a importancia dos servizos sociais no II foro da Dependencia de Guitiriz

Sociedade 05/02/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A Lei de Dependencia e a importancia dos servizos sociais para o coidado das persoas dependentes púxose enriba da mesa onte na Casa Habanera de Guitiriz no II Foro da Dependencia de Galicia. Nel participaron representantes sindicais, Movemento Asociativo, profesionais do traballo social, ademais da vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo e deputada do BNG Mª Xosé Vega Buján.


A Biblioteca Provincial de Lugo acollerá a entrega dos premios do Certame

Dúas cativas de A Pastoriza e Vilalba gañan o Certame de narración sobre o Nadal da Biblioteca Provincial de Lugo

Sociedade 04/02/2010
  Envía a túa opinión

As nenas chairegas Judith Rodríguez Gasalla, da biblioteca da Pastoriza e Carmen Mato Maseda, de Vilalba, foron dúas das gañadoras, dentro da categoría de cativos de ata 8 anos, do Certame de narración sobre o Nadal impulsado pola Biblioteca Provincial e no que participan rapaces de 10 bibliotecas públicas de Lugo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros