Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz das xornadas

Francisco Hurtado: “En tempos de bonanza son ben recibidos e coa crise expulsámolos”

Sociedade 15/04/2010
  Envía a túa opinión

Abordar os novos retos aos que se enfrontan os servizos sociais comunitarios e especializados na intervención co colectivo migrante é o reto principal das VIII Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade que arrincan hoxe en Arteixo. A ONG Ecos do Sur organiza este foro co patrocinio da concellería de servizos sociais do Concello de Arteixo e acolaboración da ONG Mestura. Desenvolveranse hoxe e máis mañá no Centro Froxel da localidade arteixán. 


Infografia de Factory A Coruña

Comezan as obras de construción de Factory Coruña

Sociedade 14/04/2010
  Envía a túa opinión

Neinver, segundo operador de outlets en Europa con once centros e máis de 1.000 tendas, comeza as obras de construción de Factory A Coruña, un centro situado na localidade de Culleredo e cuxa apertura está prevista para finais deste ano. Ubícase na parcela da antiga fábrica de La Toja, cun investimento previsto de 67 millóns de euros, 12.600 metros cadrados de superficie bruta alquilable, 800 prazas de aparcadoiro e máis de 76 tendas. Marcas como Bimba & Lola, Mango, Martinelli ou Pikolinos estarán presentes no novo Factory.


Praia de Riazor o domingo

Ata o 40 de maio non te quites o saio

Sociedade 12/04/2010
  Envía a túa opinión

Facendo caso omiso ao refrán popular, os galegos e as galegas botáronse ao mar.Este inverno antollouse maléfico e a xente estaba ansiosa porque o sol entrase nos seus encollidos corpos. O panorama que ofrecía a praia de Riazor na Coruña é unha boa proba. Os coruñeses, os máis ousados botáronse ao areal, a pesar de estar en "reformas" e unha parte pechada ao público.Os cáutos conformaronse con trasegar o paseo marítimo para arriba e para abaixo.


En Simón Boccanegra debutará como barítono Plácido Domingo

A ópera achégase ás salas de cine

Sociedade 07/04/2010
  Envía a túa opinión

Os Cines Filmax continúan coa súa política de diversificación de contidos e agora comezará a partir de mañá xoves proxeccións de óperas nas súas salas de Barcelona e A Coruña. Os pases realizaranse en alta calidade dixital, en pantallas xigantes e cun son perfecto para o desfrute da música clásica. Alternaranse obras en directo vía satélite desde os mellores teatros do mundo e outras expresamente pregravadas para a súa proxección en cines.


Catro grandes orquestras tocarán en Golmar

A gran esmorga en Golmar - A Laracha

Sociedade 05/04/2010
  Envía a túa opinión

Chámanlle A Gran Esmorga. Catro grandes orquestras como Os Trovadores, Solara, Aramio e Trocco amenizarán unha verbena en Golmar (A Laracha – A Coruña). Pretenden convocar á gran número de comisións de festas de Galicia, e de feito, sortearán entre as asistentes, a actuación dunha grande orquestra nunha data a convir.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros