Envía a túa opinión
Os fortes ventos e as intensas choivas que se rexistran dende a pasada noite en Galicia provocaron esta madrugada inundacións, o desbordamento de rios e a caida de árbores en varios municipios. Segundo dados do 112, durante a noite producíronse anegamentos en Ribeira (A Coruña) e Abadín (Lugo).
Envía a túa opinión
“As mellores embaixadoras diante do mundo enteiro”. As imaxes do II Concurso Iternacional de Fotografía Rapa das Bestas, organizado polo Concello de A Estrada, cautivaron ó conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, en tal medida que mesmo manifestou o compromiso deste departamento de desenrolar as potencialidades deste evento a nivel cultural e de promoción turística. As imaxes seleccionadas para o catálogo editado polo concurso supoñen, en palabras do propio conselleiro “a mellor contribución á promoción e difusión desta festa turística de relevancia internacional”.
Envía a túa opinión
O Instituto República de Oriente de Uruguay do barrio de Teis en Vigo permanece hoxe sen clases en sinal de loito pola morte da alumna do centro Alejandra Soto-Alján.Non se sabe de momento a data na que se realizará o sepelio da moza de 17 anos.
Envía a túa opinión
A primeira vista o corpo da moza de 17 anos de idade non tiña signos de violencia, polo que ata a realización da autopsia non se poderá saber con exactitude as causas da morte. Afirmouno así esta mañá a Radio Redondela, o concelleiro de Seguridade da vila pontevedresa Eduardo Reguera. Xa que logo, de momento todas as hipoteses están abertas.
Envía a túa opinión
Arredor das 9,30 desta mañá efectivos de Protección Civil de Redondela atoparon o corpo sen vida de Alejandra Soto-Alján, a moza desaparecida dende a tarde do pasado martes. Apareceu no lugar do Viso, nunha ladeira, non moi lonxe do seu domicilio. Veciños e Protección Civil citáranse ás 8 da mañá na igrexa parroquial do Viso para iniciar o rastrexo da zona. Ao pouco tempo xa deron a voz de alarma.