Envía a túa opinión
O 17 e 18 de setembro chega o Fenerock a San Valentín. Na cita deste ano converxen varios grupos formados na comarca de Ferrol. Un deles é Innsbruck, un grupo fenés que tocará no paseo marítimo de San Valentín o primeiro dia do Fenerock, o venres 17. No bastará é o tema que da título ao seu videoclip gravado en Pontevedra o pasado inverno. O Fenerock dános a oportunidade de escolitar o seu directo despois dun ano.
Envía a túa opinión
Disque dende os anos oitenta xeneralizáronse as churrasquerías en cidades, vilas e estradas de Galicia. A carne á grella conectou ben coa persoalidade galega e hoxe non hai festa que se precie que non conte cun bo posto de churrasco. A Festa do Cabalo de Magalofes non ia ser menos.
Envía a túa opinión
Outubro de 1936 foi un mes clave nas relacións entre a Igrexa e o franquismo. Nese período as forzas sublevadas fusilan a un total de 17 sacerdotes (1 en Galicia e 16 no Pais Vasco). O primeiro paseo realízase o 3 de outubro en Barallobre (Fene) e o último o 28 do mesmo mes en Elgoibar.A xerarquia eclesiastica protesta e Franco comprométese a suprimir os fusilamentos de curas que se opoñían ao golpe de estado, defendían o réxime legalmente establecido.
Envía a túa opinión
O BNG de Fene denuncia o atraso no inicio de varias obras que se inclúen dentro dos fondos do Plan E. Para os nacionalistas, esta situación derívase da falta de interese do goberno municipal, pois non lle atopan outra xustificación a tal situación. As obras xa foron adxudicadas pola Mesa de Contratación o pasado mes de xullo, pero aínda a día de hoxe non se iniciaron. Entre as obras pendentes de execución destaca o aparcamento do Colexio de Perlio, que tiña no verán o seu mellor momento para iniciar os traballos pola falta de actividade no centro.
Envía a túa opinión
O colexio de Limodre non pechará. Finalmente confirmouse o que todo o mundo estaba agardando e a escola de Limodre permanecerá aberta para o vindeiro curso. Dende a Delegación Territorial de Educación reiteran que todo foi un erro e que realmente o colexio de Limodre nunca debera aparecer na lista de centros que se deu a coñecer o pasado luns no que figuran ata 19 centros que pecharán en toda Galicia. Agora, tanto os pais dos alumnos como a Asociación de Veciños de Limodre, propietaria do edificio, móstranse satisfeitos de que o centro non peche. De tódolos xeitos, a Concelleira de Cultura, Carme Silvar, mantén a reunión no propio centro para o vindeiro luns cos pais dos nenos matriculados e coa mestra, para explicarlles cal é a situación actual.