Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

A obra de Ksado está no Centro Galego da Fotografía en Vigo

Aberto o Luís Ksado de fotografía

Cultura 28/07/2014
  Envía a túa opinión

A Deputación de A Coruña abre unha nova edición do Premio de creación fotográfica Luís Ksado. Os interesados en participar na XI edición do premio de creación fotográfica Luís Ksado aínda poden facelo presentando os seus traballos antes do 29 de agosto na Deputación da Coruña.


As funcionarias tomando posesión

De pazo dunha marquesa a casa do pobo

Sociedade 25/06/2014
 58 comentario/s - Envía a túa opinión

Moitas persoas visitan estes días o Pazo da Marquesa de San Sadurniño que ven de converterse en concello, de aí a satisfacción do alcalde, Secundino García, quen afirma que "de pazo da marquesa pasou a ser a casa do pobo. Despois do proxecto de restauración, que ven de moi atrás, as dependencias do pazo modernizáronse para adaptarse aos tempos e ao novo cometido do inmoble. Os funcionarios e os veciños son os beneficiarios das novas instalacións.


A xente maior tamén protesta

Morre moita xente

Sociedade 24/06/2014
  Envía a túa opinión

Galicia rexistrou en 2013 un saldo vexetativo negativo, xa que contabilizou 10.701 defuncións máis que nacementos ao longo do ano. Con iso, sitúase como a comunidade co saldo vexetativo negativo máis alto, segundo se extrae da enquisa sobre movemento natural da poboación publicada este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).


Helena Villar Janeiro

Premios ás artes pola igualdade en San Sadurniño

Sociedade 13/06/2014
  Envía a túa opinión

O Pazo da Marquesa de San Sadurniño acolle o sábado 14 de xuño, ás 11.30h o acto de entrega de premios do I Certame galego das artes pola igualdade de xénero, organizado pola empresa Bolboreta S.C. en colaboración cos concellos de San Sadurniño, A Capela, As Pontes, Xermade, Cospeito e Ribadeo. Ao certame presentáronse un total de 23 obras orixinais: 6 na categoría infantil, 7 na xuvenil e 10 na de persoas adultas. Esta primeira edición homenaxea á escritora Helena Villar Janeiro, quen asistirá ao evento para entregar os premios e para presentar a súa obra "Remontar o río". Canda ela acudirán os alcaldes de San Sadurniño, Secundino García, o das Pontes, valentín González e o da Capela, Manuel Meizoso.


Presentación da campaña na Eira da Xoana

A raizame do país está no bosque autóctono

Sociedade 11/06/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Máis de 40 colectivos e entidades defensoras do bosque galego e do seu aproveitamento sostible veñen de lanzar na Eira da Xoana a campaña “Cousa de Raíces”. Esta campaña, impulsada por iniciativa do colectivo ecoloxista ADEGA, pretende sumar esforzos e iniciativas en recuperar o valor do bosque desde o coñecemento, como recurso cultural, económico e ambiental. O lema escollido trata de retratar o bosque como elemento vertebrador da nosa identidade, cultura e paisaxe, pero tamén da nosa economía e sociedade. “Cousa de Raíces” nace coa idea de conservar o bosque a través de dúas vías. Por unha banda, facendo presión mediática e política das obrigas da Administración no cumprimento da normativa existente; e por outra banda, a nivel social, potenciando unha conciencia colectiva sobre a importancia das árbores autóctonas e da súa conservación. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros