Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Fotografía Vigo al minuto

Un morto e varios feridos nunha explosión de gas en Vigo

Sociedade 09/02/2016
  Envía a túa opinión

Un veciño de Vigo faleceu minutos antes das nove desta mañá nunha explosión acaecida na rúa San Salvador entre as prazas de Isabel e Fernando o Católico, perto de Pizarro. O piso afectado é o sexto A do número seis desa rúa. A estrutura do edificio quedou seriamente danada, segundo a primeira impresión dos técnicos municipais.


Soportes para enerxia eólica fabricados en Navantia

Menos persoas ocupadas e máis paradas

Sociedade 29/01/2016
  Envía a túa opinión

Galicia conta con 120.400 persoas ocupadas menos e 56.000 parados máis que cando Feijóo chegou á Xunta. O descenso da ocupación revela o incremento do paro e tamén a elevada emigración que volve rexistrar a comunidade nos últimos anos. O progresivo envellecemento da poboación é outro dos datos que fai máis urxente políticas activas de dinamización económica e demográfica.


Celulosa de Pontevedra

O goberno en funcións prorroga a concesión á celulosa de Pontevedra por sesenta anos

Sociedade 26/01/2016
  Envía a túa opinión

A  plataforma Ence Fóra, na que se incluie o Concello de Pontevedra, fala de cacicada do Partido Popular e de traición a Galicia de Mariano Rajoy. É unha moi mala noticia para a cidade, segundo o ecoloxista Antón Masa, quen sinalou que a decisión non é firme. O goberno en funcións prorrogou onte ata o 2073 a concesión de terreos públicos na ría de Pontevedra para a celulosa. O beneplácito permitirá á pasteira seguir utilizando a concesión outorgada pola dictadura de Franco en 1958.


Alberto Núñez Feijoo esta semana

A Xunta de Galicia suspende en atención á dependencia

Sociedade 09/01/2016
  Envía a túa opinión

Máis de doce mil persoas con dereito a axudas polo seu grao de dependencia permanecen en lista de espera en Galicia, tras finalizar o ano dous mil quince. A Xunta só incorporou nos últimos seis meses do ano a mil setecentas cincuenta e unha persoas, do total de catorce mil recoñecidas no pasado mes de xullo.


Marisco requisado

Gardacostas comisa en Tui marisco valorado en 19.000 euros

Sociedade 28/12/2015
  Envía a túa opinión

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar e da Policía Autonómica requisaron máis de 1.600 quilos de marisco nun operativo de control da comercialización realizado hoxe no quilómetro 31 da estrada A-55, á altura de Tui (Pontevedra). A actuación desenvolveuse ao longo desta mañá e durante ela os axentes inspeccionaron 24 camións e a un deles requisáronlle 1.464 quilos de ameixa xapónica, 12 quilos de ameixa fina e 175 quilos de percebe por non estar debidamente documentados, xa que na documentación que amparaba a mercadoría non figuraba o seu destino. En total, este produto tería un prezo estimado no mercado duns 19.000 euros.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros