Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

Logotipo do certame que se celebra o 10 de xaneiro

Boimorto cántalle aos Reis de Oriente

Cultura 26/12/2014
  Envía a túa opinión

Melchor, Gaspar e Baltasar teñen unha parada especial en Galicia: Boimorto. Neste municipio da comarca coruñesa de Arzúa vénse celebrando un certame de cuadrillas de Cantares de Reis que comezou sendo concurso e rematou por ser mostra. Desta volta, ademais da Mostra de Cantares de Reis que se celebrará o día 3 de xaneiro, dende o concello organizan o I Encontro Peninsular Arredor dos Cantares en Tempo de Reis que contará con participantes de toda a península que exporán cadanseu traballo o día 10 de xaneiro. Os participantes confirmados son, por Cataluña,  Gianni Ginesi; por Euskadi, Josu Larrinaga; pola Meseta, José Antonio Alonso e Joaquín Díaz; por Portugal, Domingos Morais; e por Galicia, Cristina Sánchez Carretero e Xesús Mato Mato


A eclipse producirase na mañá do 20 de marzo

Unha eclipse solar despedirá o inverno de 2015

Sociedade 19/12/2014
  Envía a túa opinión

O inverno comezará na medianoite deste domingo ao luns, exactamente o día 22 de decembro ás 00:03 horas, e prolongarase ata o 20 de marzo ás 23:34, segundo informa o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Angel Docobo, para quen “sen dúbida” o fenómeno astronómico máis salientable da estación que agora comeza vai ser a eclipse de sol na mañá do 20 de marzo. Aínda que a eclipse será total no Atlántico Norte, cunha duración máxima de case de 3 minutos, na maior parte de Europa se verá como parcial sendo a magnitude (máxima fracción do diámetro solar ocultada pola Lúa) tanto maior canto máis ao noroeste. Por esa razón, será Galicia a comunidade española na que se vai producir maior escurecemento (cunha magnitude de 0,8), xusto ás 10:10 horas.


Imaxe da edición 2013 da Feira

A Feira Ecolóxica de Arzúa certifica a fortaleza da produción verde

Sociedade 14/11/2014
  Envía a túa opinión

A XI Feira Ecolóxica, organizada e financiada polo Concello de Arzúa e xestionada pola cooperativa Culturactiva, converterá Arzúa un ano máis no gran escaparate galego do sector verde. Para esta undécima edición, a feira ecolóxica máis grande de Galicia reunirá 65 expositores de produtores, distribuidores, cooperativas, entidades e artesáns. Todos eles amosarán diante dos asistentes a fortaleza dun sector, o da produción ecolóxica e natural, que dende fai anos se atopa en constante crecemento en Galicia. Demostracións, conferencias, charlas, debates, actuacións musicais e talleres constitúen a oferta da Feira. Un total de seis obradoiros -sobre cociña saudable, elaboración de untos, cueiros labables ou aromaterapia- e oito demostracións –talla en madeira, ganchillo, moldeado de cristais ou pinturas naturais consitutirán a oferta formativa. No apartado dedicado ao diálogo e ao debate celebrarase unha mesa redonda –baixo o título de Protexer o noso: A política verde en Galicia- coa presenza dos catro voceiros parlamentarios de medioambiente e representantes de movementos sociais municipalistas, co que se pretende radiografar a situación e os problemas ao redor da ecoloxía en Galicia, como tamén achegar solucións dende diferentes sensibilidades políticas.


Pinto de Herbón e Luis O Caruncho impartindo un obradoiro de zanfona

Pinto de Herbón e a Rosalía máis moderna

Sociedade 25/10/2014
  Envía a túa opinión

A faceta máis contemporánea da cultura galega abrázase coa tradición representada por Rosalía de Castro. Pinto de Herbón "cheira a bravío,  a salitre mariño e toxo montañés, a esterco e argazo, a terra incrustada nas unllas, a intemperie, ao contacto entre o balume, a choiva e a suor da pel" segundo palabras de Manuel Rivas en El Pais de las Tentaciones, recollidas na carátula do disco colectivo Unión Bravú.


Xosé Manuel Beiras quere ceder protagonismo en Anova

Coa nación na esquerda

Sociedade 11/10/2014
  Envía a túa opinión

"Coa nación na esquerda. Tecendo rede" é o lema da II Asemblea de Anova que se celebra esta fin de semana en Santiago de Compostela. Poñer o acento no carácter nacionalista ou insistir na "Frenta Ampla", na colaboración con movementos cidadáns como Podemos e organizacións estatais como Esquerda Unida será unha das eleccións que deberá realizar a formación liderada por Xosé Manuel Beiras.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros