Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Albert Rivera e Mariano Rajoy

Escenario aberto cara as eleccións xerais

Sociedade 11/11/2015
  Envía a túa opinión

Ciudadanos medra ao calor dos grandes medios, mentres PP e PSOE continuan baixando no seu apoio electoral. Tamén Podemos descende en apoio e credibilidade. As forzas nacionalistas manteñen ou incrementan representación, pero os últimos acontecementos de Catalunya ainda non se reflicten no estudio O Mirante, elaborado por Carlos Neira para a Asociación dos Medios en Galego.


Fernandes e Peón actúan o sábado no Teatro Rosalía

Radio Cos festexan na Coruña dez anos de viaxe compartida pola tradición musical galega

Cultura 24/09/2015
  Envía a túa opinión

Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas de Radio Cos, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia. As melodías utilizadas neste proxecto compartido pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas. Unha escolma desa tarefa transformouse nun disco homónimo editado en maio de 2013 e que recibiu parabéns da crítica galega e estranxeira. Agora, mentres avanzan na publicación dun novo disco que se publicará o vindeiro ano, festexan unha década de viaxe compartida cun concerto especial, con convidados extraordinarios como os bailadores Pablo Rivas e Carmela Amigo, o grupo "Os Fillos de Pepa a Loba", as afamadas pandeireteiras Belén Mato, María Criado e Sonia Rebodido e os Pandereteiros de Xacarandaina con Manolo F. Montero. A festa de aniversario será este sábado 26 ás 21 horas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.


Suso Martínez, historiador e guia do cemiterio de Santo Amaro da Coruña

O lume que alampea no Santo Amaro

Sociedade 14/09/2015
  Envía a túa opinión

"Pode o corpo ser vencido, pode o dereito ser torto, máis o lume que alampea, máis o lume que alampea, xamais o veredes morto". Celso Emilio Ferreiro adicoulle esas Notas necrolóxicas a un poeta sen fortuna. Agora, nas visitas nocturnas e guiadas ao cemiterio de Santo Amaro na Coruña, alampea de novo o lume dos poetas e das xentes da cultura alí sepultadas.


Mulleres participantes na Carreira da Muller 2014.

A carreira da muller volve ás rúas da Coruña en setembro

Sociedade 12/08/2015
  Envía a túa opinión

A terceira edición da Carreira da Muller percorrerá as rúas da Coruña o domingo vinte de setembro. Trátase dun evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama. Organiza a revista Sport Life.A inscrición ascende a dez euros o que da dereito á camisola da carreira.


2011.. Protesta dos traballadores de Zara en Santiago de Compostela

O éxito empresarial e as condicións laborais en Inditex

Sociedade 04/08/2015
  Envía a túa opinión

O fenómeno Inditex. Ese é o titular dun profundo artigo de Manoel Barbeitos e Gonzalo Rodriguez publicado no último número da revista Tempos Novos. Salientan que o grupo Inditex logrou no 2014 un beneficio neto de 2.501 millóns de euros, o que supón un crecemento do cinco por cento, respecto do ano anterior.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros