Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 28 de Maio de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

Portada de A cabeza da medusa

O Club de Lectura arrinca con A cabeza da medusa

Cultura 05/03/2009
  Envía a túa opinión

A novela A Cabeza da Medusa de Marilar Aleixandre sirve para iniciar o Club de Lectura de Allariz, posto en marcha desde a biblioteca social. A iniciativa presentaráse de xeito público este sábado 7 de marzo ás seis da tarde na Biblioteca Social ubicada na Rúa Fonteiriña.


A porta da galescola

Aberto o prazo de reserva de praza na galescola

Sociedade 04/03/2009
  Envía a túa opinión

A Galescola abriu o prazo para a reserva e renovación de praza para as crianzas que estiveron na Galescola no curso 2008-2009, así como para as fillas/os das traballadoras/es das galescolas e para os/as irmáns/irmás con praza no centro. O prazo rematará o 14 de marzo inclusive. Os novos/as usuarios/as poderán realizala preinscrición no prazo do 15 de marzo ó 15 de abril. As instancias recolleranse dende o día que comenza o citado prazo na Galescola.


O programa inclue unha homenaxe á mestra de Allariz Pilar Bouzas

As menciñeiras nas V Xornadas de Igualdade entre homes e mulleres

Sociedade 03/03/2009
  Envía a túa opinión

As V Xornadas de Igualdade entre homes e mulleres comezan o domingo 8 de marzo en Allariz. Abriránse coa presentación do proxecto As herbas medicinais, recuperación e empoderamento feminino. A representación teatral Molestias clownicas poñerá o punto e final da actividade o sábado 28 de marzo.


Touriño exerceu o seu dereito ao voto ás 11 da mañá en Santiago

3 puntos menos de participación ás 12 do mediodia

Sociedade 01/03/2009
  Envía a túa opinión

A normalidade e a tranquilidade presiden esta xornada de eleccións autonómicas de Galicia. As mesas electorais abriron sen incidencias as nove da mañá. A participación ás doce da mañá, era sensiblemente inferior á de hai catro anos. Acudiron este mediodia a votar no conxunto de Galicia o 15,80%  do censo, tres puntos menos que nas pasadas eleccións. O conselleiro da Presidencia Méndez Romeu relativizou a importancia dese dato, indicando que o ritmo das votacións oscila dependendo de moitas variabeis.


Os peliqueiros cos seus típicos cencerros

Os peliqueiros de Laza combaten á crise

Cultura 24/02/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Nen a crise económica bota abaixo o Entroido de Laza (Ourense). Segundo o presidente da asociación de amigos do Entroido Miro Merino, este ano a localidade ourensán acolle máis visitantes que ningunha outra edición da história. Esta tarde todo está preparado para queimar ao Meco na Praza da Picota.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros