Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Cartel do Circo da Lingua

O Circo da Lingua reivindica a defensa do idioma

Sociedade 13/10/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

A plataforma Queremos Galego celebrará o vindeiro sábado 16 de outubro, en Soutomaior o Circo da Lingua, unha xornada lúdico-reivindicativa que terá o idioma galego como fío condutor. Os Tres Trebóns, Homes Sen Medo, Som Do Galpom, Nao e Güintervan conforman o apartado musical da xornada; os espectáculos de danza correrán a cargo de A Pé Alzado e de Lia Pichel, e O Mago Noel, Os 7 Magníficos + 1, e o Circo Escarranchado encargaranse das actividades de circo e de malabares.


O grupo formouse para protestar contra as novas medidas adoptadas por Renfe

Os usuarios de Renfe protestan contra a suba de tarifas

Sociedade 12/10/2010
  Envía a túa opinión

Os usuarios da liña Vigo-A Coruña da empresa Renfe continuan a protestar contra o incremento das tarifas por mor da renovación dos trens. O prezo da viaxe incrementouse nun 20% manténdose os horarios, frecuencia e tempo de traxecto. Ante isto, recolleron 528 sinaturas de usuarios que entregaron o 1 de outubro na Estación de Santiago de Compostela. Xa no período do verán recolleran unhas 200 firmas en protesta por esta suba do custe de servizo.


Cartaz do evento

Vigo sumase á III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Sociedade 11/10/2010
  Envía a túa opinión

Mulleres en marcha, ata que todas sexamos libres!. Baixo este lema a Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres traballan, desde hai meses, na realización de diversas actividades e encontros a nivel local e nacional para divulgar os valores de traballo en rede das mulleres contra a violencia machista e pola paz e desarme, así como para preparar o momento mais importante da III Acción Internacional, o vindeiro domingo, 17 de Outubro. Unha data, na que as mulleres galegas uniranse ás celebracións coa súa “Acción Nacional Galega” en Vigo. Desenvolveranse diferentes actividades, exposicións e obradoiros, que terán como eixe central a constitución dun Tribunal de Acusación para visibilizar e denunciar a situación que están vivindo as mulleres na República Democrática do Congo.


A cantante portuguesa Dona Rosa

Espazos Sonoros na Illa de San Simón

Sociedade 08/10/2010
  Envía a túa opinión

A illa de San Simón acollerá durante o mes de outubro catro concertos da terceira edición do ciclo de música Espazos Sonoros. A cantante portuguesa Dona Rosa actuará mañá, ás sete da tarde, no primeiro dos concertos. Deleitará aos asistentes coa música de fados e cancións tradicionais do país veciño, acompañada polo son do acordeón, percusións e a guitarra portuguesa.


O temporal en maio do 2004 obrigou a suspender as clases en escolas e institutos

Alerta laranxa por fortes ventos en toda Galicia

Sociedade 08/10/2010
  Envía a túa opinión

Os fortes ventos chegaron xa a Galicia a primeiras horas desta mañá. Segundo os dados de Meteogalicia, ás 6,30 da mañá rexistráronse refachos de vento de 92,5 quilómetros por hora en Cabeza de Manzaneda. Na zona oriental de Ourense era donde se rexistraban os ventos máis fortes, ainda que na Costa da Morte os refachos alcanzaron en Lira os 88,9. En Punta Candieira (Cedeira) habia 64,3, por 54,6 de Burela e 82,2 en Vigo-Campus. Para esta tarde agárdanse chuvias intensas na metade Sul de Galicia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros