Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Catro grandes orquestras tocarán en Golmar

A gran esmorga en Golmar - A Laracha

Sociedade 05/04/2010
  Envía a túa opinión

Chámanlle A Gran Esmorga. Catro grandes orquestras como Os Trovadores, Solara, Aramio e Trocco amenizarán unha verbena en Golmar (A Laracha – A Coruña). Pretenden convocar á gran número de comisións de festas de Galicia, e de feito, sortearán entre as asistentes, a actuación dunha grande orquestra nunha data a convir.


Pilar García Negro participará na mesa redonda este mércores en Culleredo

¿Qué significa o meu apelido?

Sociedade 04/04/2010
  Envía a túa opinión

¿Que significa o meu apelido? Eu fíxenme en moitas ocasións esa pregunta. Din os expertos que os actuais apelidos comezaron a fixarse no século XII. Primeiro foron as persoas nobles, e con moitas propiedades. Necesitaban o apelido para non confundirse con pais e outros parentes á hora de testar as súas fincas e vivendas. Ao comezo, o apelido indicaba procedencia xeográfica ou profisión: Pedro o ferreiro, María da Fonte e Xosé de Barallobre.


Cartaz do festival

O Finisterrae Festival trae a Galicia o primeiro ciclo de concertos de música sinfónica, de fusión e de rock experimental

Cultura 01/04/2010
  Envía a túa opinión

O Coliseum da Coruña acolle nestes días festivos o primeiro evento musical en terras galegas dedicado exclusivamente ao mundo do sinfónico, a fusión e o rock máis experimental. Bandas de Suecia, Gran Bretaña, Alemaña, Francia, Italia e incluso Hungría están no primeiro cartel do Finisterrae Festival, que chega da man de Rafael Piñeiro, o ideólogo e organizador do proxecto.


Cartaz de “Zuma-Embaixador do sol”

O universo artístico de Lois Patiño

Cultura 26/03/2010
  Envía a túa opinión

As salas de exposición dos centros socioculturais da Fundación Caixa Galicia en Vigo e A Coruña acollen, simultaneamente e ata o vindeiro 15 de maio, a complexa montaxe do traballo do artista galego Lois Patiño Lamas (Vigo, 1983), premiado na anterior edición das Bolsas de Primeira Obra que promove a caixa galega para apoiar o traballo dos novos creadores. A mostra, que se inaugura ás sete desta tarde na cidade olívica, traza unha panorámica pola obra audiovisual do artista, formada por unha longametraxe, dúas videoinstalacións, dúas pezas de videoarte e os tráiler das súas outras películas Rostros de Area, Paisaxe Interior e o seu último filme, Lembrando as Faces da Morte).


As Xornadas rematarán en maio

Viqueira, un dos grandes humanistas galegos do século XX

Sociedade 23/03/2010
  Envía a túa opinión

O historiador Xesús Torres abre este xoves en Bergondo as I Xornadas de Pensamento Galego, cun repaso pola vida e a obra de Johan Vicente Viqueira, ás oito da tarde no Centro Cultural da Senra. O encontro pretende servir de xérmolo da constitución dunha Fundación que propague a obra do filósofo e pedagogo galeguista. Foi un dos grandes humanistas galegos do século XX e viviu e morreu na finca familiar de San Fiz de Vixoi (Bergondo A Coruña).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros