Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe do Pleno do venres

O Concello de Vilalba separará as augas pluviais e fecais gracias aos cartos do FEESL

Sociedade 01/02/2010
  Envía a túa opinión

As obras dedicadas ao saneamento e ao abastecemento da vila levaranse a maior parte do orzamento do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL), que ascende a 1.665.502 euros e que terá na separación de augas pluviais e fecais a súa punta de lanza. O total do plan ascende a 10 proxectos que foron aprobados polo pleno celebrado no serán do venres pasado. A medida aprobouse gracias aos votos favorables do Partido Popular, e a abstención do resto de forzas políticas no consistorio vilalbés, o PSdeG-PSOE e o BNG.


O entroido tomará Vilalba no mes de febreiro

Os reis do entroido de Vilalba xa poden optar ao seu trono

Sociedade 29/01/2010
 11 comentario/s - Envía a túa opinión

O concello de Vilalba xa puxo en marcha o período de inscrición para o concurso de Entroido do 2010. Nesta edición haberá tres categorías para poder participar . A primeira será a de Grupo Escénico ou Charanga, que debe estar formada por un mínimo de 10 persoas, tanto adultos como nenos. A segunda será a Individual,  para persoas maiores de 15 anos; a terceira será a de Parellas, tamén para maiores de 15 anos, mentres que para menores de 0 a 15 anos o poderán facer a título individual ou por parellas. O prazo de inscrición será ata o día 15 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá de luns a venres, de 09:00 a 15:00 horas.


Imaxe da xuntanza do GDR

O GDR da Terra Chá presenta o seu Plan Reitor de Turismo para desenrolar esta actividade na chaira

Sociedade 29/01/2010
  Envía a túa opinión

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da Terra Chá puxo en marcha un Plan Reitor de Turismo co obxectivo de fomentar esta actividade económica e poder atraer a empresas deste sector á bisbarra. O plan foi presentado durante unha xuntanza  que tivo lugar onte, 28 de xaneiro, na propia sede da organización chairega e que contou con todos os alcaldes da comarca, salvo os de Abadín e A Pastoriza, e con representantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC).


Arias, Criado e Pernas, durante a presentación do Plan Impulsa Lugo.

O Plan Impulsa Lugo priorizará a presenza das industrias na Terra Chá

Sociedade 27/01/2010
  Envía a túa opinión

O Plan Impulsa Lugo afectará aos proxectos empresariais que queiran instalarase na Terra Chá. Este proxecto, produto dunha iniciativa da Cámara de Comercio de Lugo, foi presentado hoxe en Vilalba e conta, desde setembro, cun orzamento de 12 millóns de euros como axuda inicial á espera de que se concrete o plan específico. Este programa fará unha discriminación positiva coa provincia no tocante ás axudas que a Xunta de Galicia, a través do IGAPE, conceda ás iniciativas que elixan Lugo por encima das outras provincias.


Vázquez Portomeñe recibe as explicacións do alcalde de A Pastoriza, Primitivo IGlesias, en presenza do resto de representantes políticos do concello chairego

Vázquez Portomeñe vista as obras do FEIL en A Pastoriza

Sociedade 27/01/2010
  Envía a túa opinión

O subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, visitou onte as obras do Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) que se realizaron no municipio de A Pastoriza. O representante do Executivo estatal estivo acompañado polo alcalde do Concello chairego, Primitivo Iglesias, así como dos representantes dos distintos grupos que compoñen o pleno municipal.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros