Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

O coreógrafo galego Carlos Alonso

A ESAD enxalza a figura do coreógrafo galego Carlos Alonso

Cultura 05/10/2010
  Envía a túa opinión

Teatralmente, este é o título da exposición, que en forma de instalación artística, nos achega a traxectoria do galego Carlos Alonso e que se pode ver na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) en Vigo. O propio escenógrafo comentou en Radiofusión que a mostra recupera “proxectos que xa foron, restos do botín, da batalla, do naugraxio”, que volveu armar recuperando “o vello circo ou o barracón da feira”. Alonso volveu utilizar materiais que formaron parte de diferentes montaxes súas para crear unha proposta espacial nova, por petición da propia ESAD.


A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz

Ana María Díaz: “As previsións, en principio, son pesimistas”

Sociedade 04/10/2010
  Envía a túa opinión

Galicia rexistrou no mes de setembro un total de 216.095 persoas desempregadas, o que supón un aumento de 4.563 persoas con respecto ao mes anterior, un incremento en termos relativos do 2,16 %. No conxunto do Estado, o aumento do desemprego foi de 48.102 persoas, un 1,21 % en termos relativos,situando o número de persoas desempregadas en 4.017.763.


A degustación comezará ás 11,30 da mañá

Elías pregoa mañá a XV Festa da Mazán en Negros

Sociedade 02/10/2010
  Envía a túa opinión

O actor Miro Magariños, que interpreta o personaxe de Elías na serie "Libro de Familia", da TVG, dará lectura ao pregón da XV Festa da Mazán, que mañá domingo celebra San Estevo de Negros, a parróquia máis pequena de Redondela. Bacallau con mazán, chourizo á sidra, costela con mazán, empanadas, sidra, augardentes, repostería variada, serviránse a partir das 11,30 da mañá.


Os ecoloxistas apostan pola demolición do encoro de Caldas

Daniel Vispo (ADEGA): “Resulta imprudente e temerario dicir que a auga de Caldas de Reis é potable”

Sociedade 30/09/2010
  Envía a túa opinión

Como “tóxica” cualifican desde Adega a auga do río Umia que, ao seu paso por Caldas de Reis, presenta desde hai días unha cor verde refulxente por mor da proliferación dunhas bacterias en forma de algas. Dende da Xunta desbotouse que haxa problemas de potabilidade, pero os grupos ecoloxistas alertan de que esas cianobacterias poden producir toxinas que supoñen un perigo para a saúde da poboación. “A Administración está a actuar de xeito imprudente e temerario”, asegurou en Radiofusión un dos representantes de ADEGA, Daniel Vispo


Falece un traballador nun accidente laboral no porto de Vigo

Sociedade 29/09/2010
  Envía a túa opinión

Un home faleceu esta madrugada nun accidente laboral mentres reparaba un buque. O accidente produciuse no porto vigués de Bouzas arredor das dúas e media. A vítima traballa nun buque ro-ro cando, por razóns que se descoñecen, se lle caeu enriba unha prancha de metal.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros