Envía a túa opinión
A Escola de Musica BellónMaceiras, ubicada no concello de Fene, despide o curso cunha semana de concertos e festa que arrinca o luns dia 18 e remata o sabado 23 de xuño, cun taller de afinación e reparación de acordeóns a cargo de Manuel Cociña. Na Casa da Cultura de Fene desenvolveránse todolos actos porque a escola, segundo un dos seus directores, o gaiteiro Dani Bellón, ten que ser un eco do que se fai na música tradicional galega. Por iso este ano dan un salto adiante e convidan a presentar os últimos traballos a Berros do Castro ou a Farrapos de Jaita.
Envía a túa opinión
O concello de Fene vai aproveitar o máximo posible os meses de verán para axecutar boa parte das obras que están licitadas, a punto de selo ou que xa están en capela. Obras e servicios que teñen que ver con acometidas de auga, renovación de conduccións e asfaltados de camiños, e todas elas incluídas en PCC e POS ben atrasados ou deste ano 2012. Esas obras lévannos por distintas parroquias do término municipal.
Envía a túa opinión
O fiscal de Medio Ambiente Álvaro García Ortiz ve lóxico o arquivo da causa aberta polo incendio das fragas do Eume no pasado mes de marzo. En calquera caso, será unha decisión que debe adoptar firnalmente o xuiz instructor ou o fiscal encargado directamente da causa.
Envía a túa opinión
"Carga de traballo e contra os despidos nas compañias auxiliares". Esa sinxela consigna reuniu esta mañá a numerosos cidadáns da comarca de Ferrol. Sabemos e queremos construir barcos, e esa actividade constitue o motor económico da zona.
Envía a túa opinión
A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, asegura que o Plan de Inclusión Social da Xunta supón un “exercicio de hipocresía” e “bombas de palenque previas á campaña electoral”. Por este motivo, os socialistas solicitarán a devolución deste proxecto de Lei porque, dixo, desmantela as políticas públicas privatizándoas para “substituír dereitos por beneficencia”. Sestayo dixo que este texto é un “anuncio preelectoral” fronte á “miseria” do balance das políticas sociais de Feijóo, que “ademais da destrución sistemática das políticas públicas, non pode presentar un só exemplo de iniciativa en positivo relacionada coas políticas sociais”. Cualificouno de “tomadura de pelo de Feijóo” para os 600.000 galegos e galegas no limiar da pobreza e en risco de exclusión”.