Cristina Priegue e Lola Dopico son alumnas do CIFP de Barallobre. Unha está rematando o ciclo medio de Administrativo e á outra quédalle un ano para rematar o superior de Administración e finanzas. As duas, xunto cos compañeiros- as do centro fenés, recibiron como un mazazo a noticia de que barallobre deixa de ser Centro Integrado e teñen que marchar a Ferrol. Mañán venres, coa pancarta por diante, acudirán a unha manifestación a Santiago de Compostela para pedir á Consellería de Educación unha moratoria que lles permita poder acabar os estudos no centro de Barallobre.
As conversas sobre a elección de alcalde de Fene continuarán nesta xornada. Esquerda Unida manterá diferentes contactos coas direccións locais do BNG e do PSOE para estudar as distintas posibilidades.
Na tarde de onte mantiveron unha nova reunión nacionalistas e socialistas. As posturas seguen firmes reclamando a alcaldía para cada unha das formacións, pero as canles tamén continuan abertas.
Fene vése perxudicado pola reforma na Formación profesional dada a coñecer pola Xunta de Galicia, deixando de ser considerado un CIFP. Como consecuencia, o Centro de Formación Profisional de Barallobre volverá fusiónarse co Instituto de Ensino Secundario. O IES Ferrolterra é o que sae máis beneficiado do cambio xunto co Rodolfo Ucha. A este último van parar o ciclo superior de Administración de Finanzas e o medio de Xesión Administrativa. Mentras que o ciclo superior de Regulación e Control de Sistemas automáticos e o de Telecomunicacións, impartiránse agora no IES Ferrolterra.
Unha grande espectación despertou en Fene a presentación do libro, "Astano. Un estaleiro, unha vivencia". Máis de cen persoas, a maioría relacionadas co estaleiro fenés, acudiron ao acto presidido polo alcalde e polo autor da publicación, editada co apoio do Concello e da Deputación Provincial da Coruña. 700 exemplares, saídos da primeira edición, poden retirarse gratuitamente nas dependencias municipais. A orixe da publicación hai que buscala na promoción de aprendices de Astano de 1965 que se reencontra cada ano, para non perder o contacto, dende o 2000.
A Consellaría de Educación promete un “desprazamento mínimo, incluso nulo” que non causa “ningún prexuízo ao alumnado nin ás súas familias”, de resultas da transformación de sete institutos do país en Centros Integrados de Formación Profesional. Os estudantes de secundaria distribuiranse en “centros da súa contorna” promete a Xunta, que vai realizar o troco de funcións ao entender que as instalacións afectadas tiñan unha “escasa oferta de ESO e Bacharelato que pode ser asumida sen dificultades por outros centros moi próximos que contan aínda con prazas vacantes”.