Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

José Manuel Barreiro

Barreiro presenta un seminario de FAES en Vialba sobre as TIC

Sociedade 22/01/2010
  Envía a túa opinión

O desenvolvemento tecnolóxico que se ven experimentando nos últimos anos no eido da información e a comunicación obriga as administracións e a sociedade no seu conxunto a adaptarse a ese proceso que ten como obxectivo final mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Neste contexto situou o Presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro o seminario organizado por Faes en Vilalba baixo o lema “As TICs no ámbito municipal” durante a súa inauguración no que participaron cargos políticos populares de toda Galicia.


O Conselleiro de Cultura recibe o pack de sendeirismo de mans do alcalde de Cospeito, Armando Castosa

O conselleiro de Industria presenta o Stand da Mancomunidade de A Terra Chá en FITUR

Sociedade 22/01/2010
  Envía a túa opinión

O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, visitou, o pasado xoves 21 de xaneiro, o stand da Mancomunidade da Terra Chá na Feira de Turismo FITUR 2010 que tivo lugar no IFEMA en Madrid. Durante o acto, o Presidente da Mancomunidade e Alcalde do Concello de Cospeito, Armando Castosa,presentou as calidades e recursos turísticos da zona de Terra Chá no salón de actos de TURGALICIA.


A Terra Chá tamén se sumou á mobilización en contra do Decreto do Galego

Seguimento masivo do alumnado na chaira contra o “Decreto do Galego”

Sociedade 21/01/2010
  Envía a túa opinión

O seguimento á xornada de folga entre o alumnado dos institutos da Terra Chá en protesta polo “Decreto do Galego” da Xunta de Galicia foi masivo. Mais do 90 %, en concreto un 91,3% dos rapaces que debían asistir hoxe ás clases non o fixeron na chaira. Tan só un 8,7 % asistiron ás aulas, polo que foron atendidos polos profesores que alí se atoparon. Non houbo problemas para cubrir os servizos mínimos, xa que secundaron a convocatoria de folga da CIG e a Plataforma Queremos Galego, 110 mestres do total de 235, é dicir, un 46,8 %.


Imaxe das figuras dos premios que se darán aos gañadores

Os certames de Arte, Debuxo Infantil e Poesía do Belén de Begonte xa teñen gañadores

Cultura 21/01/2010
  Envía a túa opinión

Debuxo Infantil e Poesía do Belén de Begonte xa teñen os nomes dos seus gañadores. No primeiro foi a viguesa Fernanda Fernández Suárez, que se fixo cos 1.500 euros de premio e unha estatuíña de Sargadelos pola súa obra “Casa Román”. No de infantil os primeiros lugares corresponderon a Saúl Simón López do Colexio Virxe do Corpiño de Begonte; a Javier Álvarez Méndez, do colexio Colexio Juan Rey de Lourenzá, Lucía Agrelo Martínez do Ceip nº 1 de Foz na Categoría de menos de 10 anos. Na Categoría de mais de dez anos os vencedores foron  Clara Guzmán Vilaboy do Instituto Vilar Ponte de Viveiro, Abel Castro Castro do Colexio Virxe do Corpiño de Begonte  e Aitor Palacios González do Colexio S. M. de Reinante. O mellor poema foi “Cometa branca na singradura dun branco ronsel” do lucense Xosé Otero Canto.


A xornada de natación sincronizada se suspende pola folga de persoal deportivo

A folga de persoal de instalacións deportivas impide a celebración da xornada de natación sincronizada do sábado en Vilalba

Sociedade 14/01/2010
  Envía a túa opinión

A folga de instalacións deportivas convocada polos sindicatos UGT, CC.OO. e a CIG entre o sábado 16 de xaneiro e o mércores 20 do mesmo mes, impedirán a celebración  da xornada de adestramento e demostración de natación sincronizada organizada polo Concello de Vilalba e o Club Natación PortaMiñá de Lugo. O evento íase celebrar na Piscina Municipal pasadomañá a partir das 10 da mañá.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros