Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Torrente Ballester da nome ao premio de narrativa da Deputación da Coruña

25.000 euros para o premio de narrativa Torrente Ballester

Sociedade 22/02/2010
  Envía a túa opinión

A Deputación da Coruña ven de convocar os seus premios culturais para o ano 2010, cuxas bases publícanse hoxe no Boletín Oficial da Provincia. Entre eles, convócanse os diferentes premios literarios promovidos pola institución provincial nos ámbitos da narrativa (para adultos e infantil e xuvenil), poesía e ensaio. O premio de narrativa “Torrente Ballester” chega este ano á súa vixésimo segunda edición, e contará cun premio único e indivisible de 25.000 euros, ademáis da publicación da obra premiada nunha editorial de prestixio.


O 90% das hipotecas asinadas nos últimos 3 anos inclue a claúsula chan, segundo Adicae

Prácticas abusivas de bancos e caixas

Sociedade 20/02/2010
  Envía a túa opinión

Vas asinar unha hipoteca cun tipo de interese variable, fixado no Euribor máis 0,5 ou 0,75%. Pero o banco ou caixa inclue unha claúsula indicando que o tipo nunca pode baixar do 4%. Así o cliente non se beneficia da caida do Euribor situado na actualidade no 1%. Adicae considera esas claúsulas abusivas e por iso presentou denuncia contra esa práctica bancaria.


Lugo. 1925

A mirada etnográfica de Ruth Anderson

Sociedade 14/02/2010
  Envía a túa opinión

A Fundación Caixa Galicia da Coruña acolle ata o 28 de febreiro a exposicion de fotografias de Ruth M. Anderson, fotógrafa e etnógrafa dos Estados Unidos que percorreu Galicia entre 1924 e 1926 coa súa cámara fotográfica. As imaxes ocupan as tres plantas da entidade no Cantón Grande da cidade herculina. Son só parte das 6.000 fotografias do Fondo Anderson da Hispanic Society of America en New York.


Un milleiro de policias despleganse na Coruña e nos seus accesos en controis de seguridade

A seguridade aérea a debate na Coruña

Sociedade 12/02/2010
  Envía a túa opinión

Trinta paises europeos buscan hoxe o consenso na Coruña arredor da normativa de seguridade aérea e mobilidade urbana. Segundo o ministro de Fomento José Blanco, tratarán de atopar unha decisión conxunta e escrupulosamente respetuosa cos dereitos das persoas á intimidade, á imaxe e á saúde. O novo comisario de transportes da Unión Europea Siim Kallas estrease no encontro da cidade herculina.


Manifesto da Rede dos Dereitos Sociais de A Coruña

Rede dos dereitos sociais de A Coruña : “Por un PXOM participativo”

Sociedade 11/02/2010
  Envía a túa opinión

“As asociación veciñais deberían participar técnica e conceptualmente do proxecto do PXOM de A Coruña”.  Reivindícanno así desde a Rede dos dereitos sociais da cidade herculina que critica a falta de protagonismo na redacción deste plan dos colectivos culturais e sociais, entidades cidadáns e outros espazos da sociedade civil. Asemade denuncian que a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal realizouse unilateralmente e sen ter en conta un modelo de cidade sostible e ecolóxico. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros