O CEIP Os Casais de Maniños (Fene) bautiza a sua biblioteca co nome de "Paula Carballeira". A escritora, actriz e contacontos, natural da parroquia fenesa onde se ubica o centro, é a mellor madriña que podía ter a biblioteca escolar que revolucionóu dende o ano 2007 a vida escolar deste centro. A escritora de Maniños convírtese así en profeta na sua terra, nun momento doce da sua polifacética carreira. Acaba de editar dous novos libros, a próxima fín de semana acude en Portugal a un Encontro de Contacontos e sigue trunfando como autora e actriz do grupo Berrobambán, por non citar a popularidade que lle deu o seu personaxe de Carmiña na serie Libro de familia da TVG.
O dúo da cantante Julie Guravich na compaña do guitarrista Cabe darán, este venres ás 23:00 horas, un concerto acústico no Café Maltés de Ferrol. O prezo da entrada custa 3 euros.
O Concello de Ferrol inaugura mañá, xoves, no Centro Cívico de Caranza unha exposición de pintura do artista Víctor G. Novás, que se poderá visitar ata o vindeiro 11 de xuño, en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, de luns a venres -os sábados estará aberta de 11.00 a 13.00 horas-. O acto de apertura da exposición, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración coa Asociación Cultural Fuco Buxán e a Asociación de Veciños de Caranza, terá lugar ás 20.00 horas.
O Concello de Ferrol clausurará este venres, ás 20.00 horas, a exposición “Historia do feminino en España”, que se inaugurou o pasado 4 de maio no local da Praza de España situado fronte ao Fórum Cidadán. Ata o dagora, máis de 1.100 persoas achegáronse a coñecer o contido deste mostra, aberta ao público en horario de tarde, de 18.30 a 20.30 horas. Así mesmo, os centros de ensino poden visitala en horario de mañá, de 08.00 a 15.00 horas, de luns a venres, previa solicitude na Casa da Muller, a través do número de teléfóno 981 944 240 ou na mesma Casa, ubicada na rúa Lugo, número 56.
Bicoca de Boca a Boca. Así se denomina a nova sesión de contacontos para nenos-as, de Celso Fernandez Sanmartín. Estará na biblioteca municipal de Fene (A Coruña) este venres dia 27 de maio, ás 17.30 horas.