Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Rúa Oporto de Vigo, onde se produciron os feitos

"Esto os pasa por maricones"

Sociedade 19/08/2010
 30 comentario/s - Envía a túa opinión

"Esto os pasa por maricones" afirmou un axente da Policía Nacional de Vigo a unha parella de homosexuais cando saían de presentar unha denuncia, segundo indica Colega Galicia nun comunicado. O colectivo de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais de Galicia ven de remitir ao Concello da cidade olívica unha queixa formal polo que califican como actuación homófoba de axentes da Policía Local e da Policía Nacional.


A Garda Civil desplegou os seus efectivos ata a captura do segundo atracador

Detido o segundo atracador da Cañiza

Sociedade 17/08/2010
  Envía a túa opinión

As forzas da orde fixeron esta tarde unha nova detención en relación co atraco da Cañiza. Trátase do veciño de Vigo J.A.M.M. de 35 anos, con antecedentes penais, e presuntamente o segundo atracador que intentaba roubar na entidade bancaria. O Concello de Covelo proclamou esta tarde en pleno a súa solidaridade coa familia do garda civil morto esta mañá no transcurso do atraco á sucursal de Caixa Galicia.


Gardas civís na sucursal de Caixa Galicia

A Cañiza, de loito oficial polo garda civil morto esta mañá

Sociedade 17/08/2010
  Envía a túa opinión

O Concello da Cañiza declarou a mediodia 2 dias de loito oficial. A capela ardente de Miguel Jorge Piñeiro Lorenzo quedará instalada mañá ás 6 da tarde no Concello de Covelo, onde residía o garda civil falecido no atraco. O ladrón detido xa ingresou no cárcere da Lama, despois de ser atendido dunha ferida leve no hospital de Meixoeiro. O atracador fuxido, duns 40 anos, conta con antecedentes penais e está considerado moi perigoso e violento. Escapou nunha furgoneta C 15 de cór branca.


2 gardas civís conversan diante da sucursal de CG na Cañiza

Os ladróns da Cañiza ian con fundas de traballo

Sociedade 17/08/2010
  Envía a túa opinión

Os 2 ladróns que esta mañá intentaban roubar na sucursal de Caixa Galicia na Cañiza (Pontevedra) ian vestidos con fundas de traballo, para intentar pasar desapercibidos. Pero ás 6,40 da mañá a central de alarmas alertou ás forzas de seguridade. Ao entrar a patrulla da Garda Civil na entidade bancaria, os atracadores enfrontáronse a tiros causandolle a morte ao garda civil, Miguel Jorge Piñeiro Lorenzo, veciño de Covelo, casado e con 3 fillos.


A Cañiza situase a medio camiño entre Vigo e Ourense

Un garda civil morto nun atraco a Caixa Galicia na Cañiza

Sociedade 17/08/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

O garda civil Miguel Jorge Piñeiro Lorenzo, de 38 anos faleceu a primeiras horas desta mañá como consecuencia dun tiroteo no atraco perpetrado á sucursal de Caixa Galicia na Cañiza (Pontevedra). Outro membro da Benemérita resultou ferido, pero xa se atopa fora de perigo. As forzas da orde pública realizan controis de vehículos na zona para intentar deter aos autores.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros