Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Citroen retoma a actividade

Sociedade 27/08/2010
  Envía a túa opinión

A avaría que afectaba á zona de pintura do centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën quedou resolta, segundo informan a Europa Press fontes da empresa, as cales explicaron que a actividade suspendida no sistema uno --o dous está aínda de vacacións-- retomouse na quenda de tarde deste venres, que comezou ás 14.00 horas. Un "problema técnico" no taller de pintura, concretamente nas cubas onde se lavan as carrozarías antes de que se lles aplique esta, provocou que o sistema onde se fabrican as furgonetas --modelos Berlingo e Partner-- tivese que suspender a produción nas quendas de tarde e noite do xoves e da mañá do venres, o que supón que se deixaron de fabricar unhas 1.000 unidades, aproximadamente.


A feira incluirá catas de viños

Os mellores viños do Condado

Sociedade 26/08/2010
  Envía a túa opinión

O Castelo de Dona Urraca acolle, un ano máis, a celebración da Festa do Viño do Condado, que este ano chegará á súa LI edición durante os próximos 27, 28 e 29 de agosto. Organizada polo Concello de Salvaterra do Miño en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, a celebración reunirá a 20 adegas adscritas a esta denominación de orixe que exhibirán os seus mellores viños na subzona Condado do Tea, pertencente á D.O. Rías Baixas.


Enterro de Jorge Piñeiro o xoves en Covelo (Pontevedra)

Detido o terceiro implicado no atraco mortal da Cañiza

Sociedade 21/08/2010
  Envía a túa opinión

O Corpo Nacional de Policía de Vigo detivo esta madrugada a unha terceira persoa relacionada co grupo autor do intento de atraco á sucursal de Caixa Galicia na Cañiza. A detención produciuse tras un operativo desenvolvido desde as 22.00 horas de onte, venres, no Monte Vixiador, en Candeán, no termo municipal de Vigo. O detido é F.C.P., veciño de Vigo.


Rúa Oporto de Vigo, onde se produciron os feitos

"Esto os pasa por maricones"

Sociedade 19/08/2010
 30 comentario/s - Envía a túa opinión

"Esto os pasa por maricones" afirmou un axente da Policía Nacional de Vigo a unha parella de homosexuais cando saían de presentar unha denuncia, segundo indica Colega Galicia nun comunicado. O colectivo de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais de Galicia ven de remitir ao Concello da cidade olívica unha queixa formal polo que califican como actuación homófoba de axentes da Policía Local e da Policía Nacional.


A Garda Civil desplegou os seus efectivos ata a captura do segundo atracador

Detido o segundo atracador da Cañiza

Sociedade 17/08/2010
  Envía a túa opinión

As forzas da orde fixeron esta tarde unha nova detención en relación co atraco da Cañiza. Trátase do veciño de Vigo J.A.M.M. de 35 anos, con antecedentes penais, e presuntamente o segundo atracador que intentaba roubar na entidade bancaria. O Concello de Covelo proclamou esta tarde en pleno a súa solidaridade coa familia do garda civil morto esta mañá no transcurso do atraco á sucursal de Caixa Galicia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros