Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Retrato de D.Manuel Murguía

3665 euros para as narracións breves do Manuel Murguía

Cultura 05/01/2010
  Envía a túa opinión

O Concello de Arteixo convoca o 19º Certame Manuel Murguía de Narracións Breves. Establécese un único premio dotado con 3.665 euros. Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior aos 15 folios nin superior aos 30. As obras deben enviarse antes do 1 de marzo, e o xurado fará pública a súa decisión no mes de maio.


Toni Bou, favorito

Bou e Cabestany a por todas no Trial Indoor Concello da Coruña

Deportes 26/12/2009
  Envía a túa opinión

O Campionato de España de Trial Indoor decídese mañá domingo na Coruña. A partir das seis da tarde no pavillón de Deportes de Riazor dispútase o Trial Indoor Concello da Coruña, última proba valedeira para o campionato. Toni Bou, gañador de todas as probas disputadas até agora este ano, preséntase como favorito, pero o segundo clasificado Albert Cabestany, irá a por todas.


Logotipo da rede

A Red de Medios Comunitarios en pé de guerra contra o proxecto de Lei do Audiovisual

Sociedade 21/12/2009
  Envía a túa opinión

A Red de Medios Comunitarios ven de lanzar a campaña “Dereito a comunicar. Liberdade para existir”. Maniféstanse así en contra do proxecto de Lei do Audiovisual que prepara o Goberno central. A nova medida non garante a existencia deste tipo de medios alternativos e deixa o seu futuro a merced das autonomías. Como sinala o coordenador da Rede, Mariano Fernández, o dereito a comunicarse recóllese en todas as cartas constitucionais incluída a Constitución española no seu artigo 19. Desde a ONU tamén se estipula o dereito á liberdade de expresión.


Manuel Rivas é un dos integrantes do colectivo poético

A xeración De amor e desamor celebra o seu vixésimo quinto aniversario cunha gala na Coruña

Sociedade 17/12/2009
  Envía a túa opinión

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle esta tarde a gala do vixésimo quinto aniversario do colectivo poético De amor e desamor. Diversos integrantes desta xeración - como Manuel Rivas, Lino Braxe, Miguel Mato ou Xosé Devesa, entre outros- participarán no acto no que tamén se presentará un libro-cd homenaxe.


Hoxe celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos

Sen dereitos humanos non se lidera o mundo

Sociedade 10/12/2009
  Envía a túa opinión

Perto de 50 millóns de persoas non teñen asistencia médica en Estados Unidos. Máis de duas mil persoas foron executadas en China no pasado ano. Estos son só dous exemplos calofriantes das múltiples violacións de dereitos humanos que a día de hoxe seguen existindo en moitos países do mundo. Entre eles dúas das grandes potencias mundiais como son Estados Unidos e China, países que non teñen ratificado os Pactos Internacionais de Dereitos Civís e Políticos e de Dereitos Económicos, Sociais e Culturales.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros