Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

TDT

O Concello de Guitiriz abre unha Oficina da TDT para asesorar aos veciños da vila sobre esta tecnoloxía

Sociedade 04/01/2010
  Envía a túa opinión

O apagón analóxico non será un problema para os veciños e veciñas de Guitiriz, xa que o Concello abriu unha Oficina Técnica da TDT, para que todos os guitiricenses poidan facer as consultas e dubidas que teñan ao respecto desta nova tecnoloxía. A oficina está situada na primeira planta da Casa do Concello, e o horario de atención ao público é de 8:30 h a 15:00 h.


Os Reis Magos percorrerán as principais rúas de Vilalba

A cabalgata de Reis percorrerá as principais rúas de Vilalba e rematará no Asilo de Anciáns

Sociedade 30/12/2009
  Envía a túa opinión

A chegada dos Reis Magos a Vilalba terá lugar ás cinco da tarde do vindeiro martes 5 de xaneiro. Posteriormente, dirixiranse polas rúas da vila nunha cabalgata que terá o seu punto e final no templete da Praza da Constitución.


Imaxe dun dos obradoiros organizados polo museo lugués

O Museo Provincial amplía os seus obradoiros a Monforte e Friol

Sociedade 30/12/2009
  Envía a túa opinión

O Museo Provincial de Lugo continúa co seu programa de Nadal e organizou  unha serie de obradoiros para os días comprendidos entre o 4 e o 9 de xaneiro. Os lugares onde se impartirán serán a propia capital provincial, Friol e Monforte.


Imaxe da reunión de Zapatero coas organizacións agrarias

As organizacións agrarias arrincan a Zapatero un compromiso para rematar coa crise do campo

Sociedade 30/12/2009
  Envía a túa opinión

As organizacións agrarias XX.AA.-ASAJA, COAG, SLG, UU.AA.-UPA e Cooperativas Agro-alimentarias valoraron como “positivo” o encontro que mantiveron na tarde de onte co Presidente do Goberno para abordar a grave crise na que se atopa inmerso o campo. Segundo unha nota conxunta das tres institucións agrarias, Rodríguez Zapatero mostrouse receptivo ante os problemas que padece o sector agrario, ao que cualificou de "estratéxico" para o conxunto da sociedade e "vital" para o desenvolvemento do medio rural. Ademais, sinalou que o labor de agricultores e gandeiros é imprescindible para afrontar os retos que formula o cambio climático e primordial para garantir alimentos en cantidade e calidade abonda aos cidadáns europeos.


Bao, no medio, e Xosé Manuel Irimia, concelleiro do BNG de Vilalba, charlan cun asistente ao acto de hoxe

O IESCHA presenta a reedición de dous dos seus Cadernos

Cultura 30/12/2009
  Envía a túa opinión

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) presentou hoxe a reedición de dous dos seus Cadernos, os correspondentes ao números 1 e 3, e o boletín “Pena do encanto”. No mesmo acto se fixo un pequeno balanzo das actividades realizadas por esta institución vilalbesa baixo o convenio subscrito coa Deputación de Lugo. No acto interviñeron o presidente do IESCHA, Manuel Castro Santamariña e o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e responsable da súa área de Cultura, Antón Bao.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros