Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Gardas civís na sucursal de Caixa Galicia

A Cañiza, de loito oficial polo garda civil morto esta mañá

Sociedade 17/08/2010
  Envía a túa opinión

O Concello da Cañiza declarou a mediodia 2 dias de loito oficial. A capela ardente de Miguel Jorge Piñeiro Lorenzo quedará instalada mañá ás 6 da tarde no Concello de Covelo, onde residía o garda civil falecido no atraco. O ladrón detido xa ingresou no cárcere da Lama, despois de ser atendido dunha ferida leve no hospital de Meixoeiro. O atracador fuxido, duns 40 anos, conta con antecedentes penais e está considerado moi perigoso e violento. Escapou nunha furgoneta C 15 de cór branca.


2 gardas civís conversan diante da sucursal de CG na Cañiza

Os ladróns da Cañiza ian con fundas de traballo

Sociedade 17/08/2010
  Envía a túa opinión

Os 2 ladróns que esta mañá intentaban roubar na sucursal de Caixa Galicia na Cañiza (Pontevedra) ian vestidos con fundas de traballo, para intentar pasar desapercibidos. Pero ás 6,40 da mañá a central de alarmas alertou ás forzas de seguridade. Ao entrar a patrulla da Garda Civil na entidade bancaria, os atracadores enfrontáronse a tiros causandolle a morte ao garda civil, Miguel Jorge Piñeiro Lorenzo, veciño de Covelo, casado e con 3 fillos.


A Cañiza situase a medio camiño entre Vigo e Ourense

Un garda civil morto nun atraco a Caixa Galicia na Cañiza

Sociedade 17/08/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

O garda civil Miguel Jorge Piñeiro Lorenzo, de 38 anos faleceu a primeiras horas desta mañá como consecuencia dun tiroteo no atraco perpetrado á sucursal de Caixa Galicia na Cañiza (Pontevedra). Outro membro da Benemérita resultou ferido, pero xa se atopa fora de perigo. As forzas da orde pública realizan controis de vehículos na zona para intentar deter aos autores.


Soutomaior pon en marcha o II Certame de Relatos Eróticos

Sociedade 16/08/2010
  Envía a túa opinión

A Concellaría da Muller do Concello de Soutomaior, a través do Centro de Información á Muller (CIM), vén de convocar o II Concurso de Relatos Eróticos. Un concurso que ten por obxectivo promover a educación e a saúde afectivo sexual e favorecer a eliminación de tabús e estereotipos sexistas no eido do erotismo e a sexualidade. Os interesados en participar no certame deberán enviar ao CIM. persoalmente ou a través de correo certificado, un máximo de dous textos orixinais, inéditos e escritos en galego cunha extensión máxima de 600 palabras sen contar o título. É indispensable ser maior de idade, ser galego de nacemento, residir ou traballar en Galicia. O prazo para participar está aberto ata o 15 de outubro e o xurado valorará os relatos que recollan actitudes e valores igualitarios entre homes e mulleres e a ruptura de estereotipos sexistas. O gañador gozará dunha estancia para dúas persoas no Castelo de Soutomaior en réxime de media pensión.


A CUT regresa á actualidade a “cultura proletaria”

Cultura 14/08/2010
  Envía a túa opinión

A Central Unitaria de Traballadores (CUT) celebra durante a xornada de hoxe o I Festival da Cultura Proletaria. O evento ten lugar na Carballeira de San Amaro, Aldán (O Morrazo) e arrinca ao mediodía co Gaiteiriño de Aldán e un xantar popular. Despois do xantar haberá un recital poético a cargo de Méndez Ferrín, Anxo Angueira e Oriana Méndez, para seguir cun taller de xogos para nenos. Ás sete e media da tarde darán comezo as actuacións musicais de Luís “O Caruncho”, Manolo Bacallao, Balea´s Blues Quintet, Mini e Mero, Ataque Escampe e O Leo i Arremecaghoná.


 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros