Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 20 de Agosto de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Hoxe celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos

Sen dereitos humanos non se lidera o mundo

Sociedade 10/12/2009
  Envía a túa opinión

Perto de 50 millóns de persoas non teñen asistencia médica en Estados Unidos. Máis de duas mil persoas foron executadas en China no pasado ano. Estos son só dous exemplos calofriantes das múltiples violacións de dereitos humanos que a día de hoxe seguen existindo en moitos países do mundo. Entre eles dúas das grandes potencias mundiais como son Estados Unidos e China, países que non teñen ratificado os Pactos Internacionais de Dereitos Civís e Políticos e de Dereitos Económicos, Sociais e Culturales.


A mostra expón moedas antigas acuñadas en Galicia

Xoias numismáticas na Coruña

Sociedade 09/12/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Un billete ou unha moeda anterga ou un exemplar do libro “Moedas Galegas” son os agasallos que ofrecerá ao visitantes a XVIII edición da Feira Numismática que se celebrará o vindeiro sábado día 12 no hotel Hesperia de A Coruña. O historiador e escritor numismático, Javier Paz é o organizador desta convención que conta coa colaboración do Concello e Museo Numismático de Lobios.


Cartaz do concerto

Álvaro Muras convídanos a improvisar e a expresarnos como artistas

Sociedade 05/12/2009
  Envía a túa opinión

O proxecto musical do baixista Álvaro Muras e o seu estilo particular de ver o funk fusión darase cita mañá domingo en A coruña con outra das súas propostas: “ Improvisa con vos… abre as portas do escenario”. As persoas, músicos e artistas que desexen participar neste espectáculo poderán levar os seus instrumentos musicais. A actuación de Muras terá lugar no local Própolis da cidade herculina ás oito do serán. A entrada é de balde.


Luís Lamela co seu novo libro

Homenaxe aos fuxidos e represaliados

Cultura 04/12/2009
  Envía a túa opinión

O historiador e escritor Luís Lamela García presentará o seu novo libro “Escapado” o vindeiro mércores, día 9, na Biblioteca da Poesía “Uxío Novoneyra” de Culleredo. A obra é unha grande homenaxe aos fuxidos, presos e represaliados galegos nos anos oscuros da guerra do franquismo. Luís Lamela narra neste libro ás peripecias e a grande epopeya dos loitadores galegos nunha viaxe  que vai dende o monte Pindo ao exilio en Francia e Estados Unidos, pasando pola illa de San Simón.


En clave de rock, é o último disco de Barón Rojo

Á venda as entradas para o concerto de Barón Rojo na Coruña

Cultura 03/12/2009
  Envía a túa opinión

A formación orixinal de Barón Rojo ofrecerá unha xira para conmemorar o 30 aniversario da criación do grupo. Alá polo lonxano 1980 naceu unha formación que deixou grande pegada na música heavy do século XX. Carlos e Armando de Castro, José Luís Campuzano Sherpa, e Hermes Calabria, teñen xa confirmadas actuacións en Madrid o 30 de xaneiro e na Coruña o 6 de marzo do 2010.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros