Envía a túa opinión
A demanda de carga de traballo volveu movilizar esta mañá aos cadros de persoal dos estaleiros de Ferrol. Realizaron unha marcha a pé cun percorrido duns 8 quilómetros e colapsaron parte dos accesos á cidade. A protesta saiu da porta da antiga Bazán, dirixiuse cara o porto da cidade para logo discurrir pola AP - 9.
Envía a túa opinión
Son alumnas de 2º e 4º da ESO no IES de Fene e son noticia porque se fixeron cos primeiros premios de dous concursos, o de Relatos curtos organizado por Coca cola e o de Fotografía retocada, organizado polo centro comercial Dolce Vita Odeòn. Mariña Gándara Serantes é a promesa literaria e Rocío Portela, a promesa da Imaxe. Os premios conqueridos anímannas a continuar coas respectivas aficcións, sabedoras de que "hai talento".
Envía a túa opinión
O veciño de San Valentín, José Fernández Vizoso vive desde hai seis anos cun figado transplantado. Atopase estupendamente e xa non padece dos problemas dixestivos que o atacaban antes da operación. Debe tomar unha pastilla diaria para evitar o rechazo e procura non facer esforzos. Salvando esas cuestións, pode facer unha vida normal.
A Asociación galega de Trasplantes Airiños instalou esta mañá unha mesa informativa no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcidade, porque hoxe 6 de xuño conmemorase o Dia do Doante. Alí permanecerán ata as cinco da tarde. A Asociación de loita contra as enfermidades do ril- Alcer- tamén desenvolve hoxe actividades en toda Galicia con mesas na rua, en centros comerciais e hospitais, baixo o lema “Doar órganos é salvar vidas” e facilitando os carnets de doantes.
Envía a túa opinión
O Día Mundial do Medio Ambiente, creado por acordo da Asemblea Xeral de Nacións Unidas, celébrase cada 5 de xuño dende 1973. Fixámonos hoxe na SGHN, 365 días estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego. O Grupo Ornitolóxico Galego, xérmolo da SGHN, rematou todos os trámites para a súa legalización o 31 de agosto de 1973. A piques de cumprir 39 anos de existencia, o GOG-SGHN é a máis veterana das organizacións de defensa ambiental galegas e unha das máis antigas de España. Cando os nosos gobernantes comezaron a decatarse da importancia do medio ambiente (creación do Ministerio e da Consellería homónimas en 1996 e 1997, respectivamente) o GOG-SGHN levaba xa case un cuarto de século estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego.
Envía a túa opinión
Os traballadores de Adif, Feve e Renfe da provincia da Coruña, o mesmo que os de toda Galiza e do Estado , estánse a movilizar en defensa do ferrocarril público e social, diante das intencións privatizadoras do Goberno. Esta mañán os comités de empresa protagonizaron encerros, e o conxunto de traballadores concentracións ás 12 da mañán.