Envía a túa opinión
O paro aumentou no mes de agosto, tal e como se agardaba, segundo os datos do Instituto Nacional de Emprego (Inem). En total, foron 2.382 persoas as que se sumaron ás listas de desemprego en Galiza, co que se superou a cifra dos 195 mil demandantes. Con este aumento, rompeuse a tendencia á baixa que se producira nos catro anteriores meses, segundo informa o xornal electrónico Vieiros.
Envía a túa opinión
Os Museos e as bibliotecas teñen xa determinados horarios de apertura polas noites. Quizais os responsabeis das Corporacións deban estudar tamén a posibilidade de abrir o uso nocturno das piscinas municipais. Semella existir demanda para iso, á luz do sucedido esta madrugada en Vigo. A Policia Local sorprendeu a un grupo de 12 mozos e mozas que, tras forzar a porta, se bañaban na piscina do Carmen, na zona das Travesas. A un deles, os axentes intervíronlle sete barras de hachís cun peso superior aos 31 gramos.
Envía a túa opinión
A Policia Nacional detivo nas últimas horas a un xove de 18 anos e outro de 25, acusados de ser os autores do incendio desatado o pasado sábado no inmoble número 6 da rúa Jenaro de la Fuente de Vigo. Ao parecer un dos detidos, J.J.D.E. de 25 anos, foi o que prendeu lume co seu mechero ás planchas de plástico das obras e permaneceu no lugar durante un intre para poder gravalo co seu móbil. Acompañáballe o outro detido, S.E.S., un mozo de 18 anos. Ambos son de Vigo e viven a escasos metros de onde se produciu o incendio.
Envía a túa opinión
Envía a túa opinión
Un xove veciño de Mos de 21 anos morto e unha veciña de Redondela de 24 ferida grave é o resultado da colisión acaecida a primeiras horas desta mañá na autovia A-55 á altura do Porriño. Produciuse un choque frontal despois de que un dos vehículos circulase ao longo de 7 quilómetros en sentido contrario da circulación.