Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Xullo de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Bao, no medio, e Xosé Manuel Irimia, concelleiro do BNG de Vilalba, charlan cun asistente ao acto de hoxe

O IESCHA presenta a reedición de dous dos seus Cadernos

Cultura 30/12/2009
  Envía a túa opinión

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) presentou hoxe a reedición de dous dos seus Cadernos, os correspondentes ao números 1 e 3, e o boletín “Pena do encanto”. No mesmo acto se fixo un pequeno balanzo das actividades realizadas por esta institución vilalbesa baixo o convenio subscrito coa Deputación de Lugo. No acto interviñeron o presidente do IESCHA, Manuel Castro Santamariña e o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e responsable da súa área de Cultura, Antón Bao.


Os pequenos desfrutan deste obradoiro desde onte

Finaliza o programa “Nadal 2009 no Museo Provincial”

Sociedade 29/12/2009
  Envía a túa opinión

O Museo Provincial de Lugo organiza para mañá, entre as 11.30 e as 13.30, o último dos obradoiros incluídos no programa “Nadal 2009 no Museo Provincial”. Así, se porá punto e final á actividade que comezou onte baixo o título “Lemos, buscamos e pintamos”.


Cartel da exposición

“Imaxes do Nadal” trasládase a Lugo a partir de mañá

Cultura 29/12/2009
  Envía a túa opinión

Fotografía, Nadal e Lugo fundiranse na exposición “Imaxes do Nadal”, que se inaugurará de forma oficial mañá na sala da Xunta en Lugo. Esta actividade forma parte da programación do Belén de Begonte para o ano 2009 e estivo presente na Casa da Cultura begontina ata o pasado domingo 27 de decembro. Organizado polo grupo fotocinematográfico Fonmiñá e o Centro Cultural José Domínguez Guizán, estará situada na devandita Sala da Xunta da capital provincial, a partir de mañá e ata o 18 de xaneiro.


José Luis Díaz

O PSdeG de Lugo reclama mais diálogo para decidir os usos futuros do Materno-Infantil

Sociedade 28/12/2009
  Envía a túa opinión

Os socialistas lucenses reclamaron hoxe un maior debate para a reutilización das actuais instalacións do hospital Xeral- Materno-Infantil. O partido socialista instou ao goberno a debater con diversos colectivos sociais os novos usos desta infraestrutura e insistiron en que “esta tarefa non pode deixarse pasar, primeiro pola necesidade de ofrecerlles novos servizos sanitarios e sociosanitarios aos cidadáns; e porque debemos manter e impulsar as industrias e negocios que hai ao carón do entorno deste centro; así como ofrecerlles aos veciños da zona dotacións e equipamentos”.


O conselleiro de Administracións Públicas, Alfonso Rueda

O programa Impulsa Lugo está xa so pendente da súa publicación no DOG

Sociedade 28/12/2009
  Envía a túa opinión

O plan Impulsa Lugo segue a avanzar na súa posta en marcha, xa que o prego de contratación para a súa elaboración xa está finalizado e se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Unión Europea, segundo anunciou hoxe o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda. O mandatario autonómico presidiu hoxe a reunión da comisión de seguimento deste Programa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros