Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Gustavo Pernas ideou a obra

Ancora Produccións oferta a “Homesoga” como alternativa profesional para os colgados

Cultura 28/11/2009
  Envía a túa opinión

A incrible historia de Homesoga, o colgado de Celeiro, é o último logomono de Gustavo Pernas, que interpreta a este particular personaxe no último espectáculo de Ancora Produccións, Colgados, dirixido por Ánxela G. Abalo. Unha obra especialmente indicada para tempos de crise nos que hai moito colgado. Por iso, se tes algún problema grave, el cólgase por ti. Trátase dunha peza para rir e reflexionar, que se estrea esta fin de semana no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.


Uxío Novoneyra

O poeta do Courel, Uxío Novoneyra, protagonista do XV Seminario de Historia de Culleredo

Cultura 27/11/2009
  Envía a túa opinión

Baixo o título “A voz fundamental de Uxío Novoneyra na Galicia contemporánea” estase a celebrar o XV Seminario de Historia de Culleredo no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Unha actividade organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Culleredo, coa colaboración da Universidade da Coruña. Constitúe o primeiro evento que se realiza en Galicia, antes da celebración do Día das Letras Galegas, de achegamento á figura de Uxío Novoneyra. Para analizar A traxectoria do poeta galego, analizarase por algúns dos máis relevantes especialistas a súa vida, obra literaria e artística así como a súa actividade social, ou o contexto histórico e cultural que lle tocou vivir. Figuras como Xosé Manuel Beiras, Xesús Alonso Montero, Anxo Tarrío, Bernardino Graña, Xavier Alcalá, Miguel Anxo Fernán Vello. Tamén Antón Patiño, Herminio Barreiro, Xosé María Dobarro, José Ramón Vidal Romaní, Luis García Soto, Luciano Rodríguez, María Xesús Blanco ou Iván López Gimeno aportarán novidosas visións sobre o poeta do Courel.  


Choiva, vento, lóstregos e tronos

Fortes ventos azoutan A Coruña

Sociedade 13/11/2009
  Envía a túa opinión

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun novo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel de alerta laranxa por choivas, que afectará á Comunidade autónoma galega a partir da madrugada de mañá sábado. Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), as precipitacións acumuladas poderán acadar os 80 milímetros en 12 horas na provincia de Pontevedra e os 50 na Coruña e Ourense. Ademais, cómpre salientar que continúa activa a alerta laranxa por vento en terra  e vento en mar, mar de vento e mar de fondo.


Xoán Manuel Sande coas gañadoras do certame

Raquel Graña e Daniela Peñaranda gañan o concurso de carteis contra a violencia de xénero

Sociedade 12/11/2009
  Envía a túa opinión

As deseñadoras gráficas Raquel Graña Liste e Daniela Alejandra Peñaranda Díaz, coa obra titulada “Neno ou nena? Persoa”, foron elixidas hoxe gañadoras da II edición do concurso de carteis e eslogans contra a violencia de xénero, convocado pola Deputación da Coruña.


Betanzos ten sona e tradición na preparación da tortilla de patacas

2 galegos compiten no Campionato de Tortilla de Patacas

Sociedade 10/11/2009
  Envía a túa opinión

Os galegos Alberto García e María Jesús Fernández do 'Mesón O Pote', en Betanzos (A Coruña), situáronse entre os 17 finalistas que disputarán hoxe a final do Trofeo Coca-Cola XI Campionato de Tortilla de Patacas, un concurso culinario organizado co obxectivo de buscar a mellor tortilla de pataca de España.Os cociñeiros gañaron no pasado mes de setembro o III Concurso de Tortillas de Betanzos, organizado na localidade coruñesa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros