Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz do I Vigo Transforma

A banda británica Orbital encabeza o I Vigo Transforma

Sociedade 05/07/2010
  Envía a túa opinión

A programación do Xacobeo 2010 inclúe este ano o I festival Vigo Transforma, que se celebra na cidade olívica entre este xoves 8 de xullo e o domingo 10. Unha proposta para facer partícipes tanto aos habitantes como aos turistas de diversas actividades espalladas en distintos puntos da cidade galega. Á longa lista de festivais de música veraniegos súmase agora O Vigo Transforma que destaca pola inclusión de grandes figuras musicais internacionais do panorama actual. Entre os artistas participantes destacan Jeff Tweedy, The Divine Comedy, The xx, Standstill, Love of Lesbian e Devendra Banhart.


Caseta da feria

As bibliotecas presentes na Feira do Libro de Vigo

Cultura 05/07/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Un ano máis e van 36, celébrase na Praza de Galicia de Vigo a Feira do Libro. Esta edición ten un significado especial ao coincidir co ano do  libro e da lectura. Segundo o coordenador da feira, Antonio Fernández Maira, o principal obxectivo é pór en contacto ao público cos autores para potenciar as súas últimas novidades. Outro aspecto, no que se incide, é na sección das bibliotecas para que teñan unha presenza activa na feira amosando a súa dinámica e captar novos suscriptores. Por primeira vez, estará presente na feria a biblioteca central co seu propio stand.


Dous feridos graves tras caer o seu vehículo por un precipicio

Sociedade 04/07/2010
  Envía a túa opinión

Dous mozos resultarn feridos graves esta madrugada tras caer o seu vehículo desde unha altura de cinco metros, na N-550 ao seu paso por Redondela. A consecuencia desta caída, que tivo lugar sobre as 4.10 horas, o vehículo quedou envorcado coas rodas cara arriba, segundo informou a Europa Press o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir).


O traxecto ao Parque das Illas Atlánticas parte de Vigo, Cangas e Baiona

As Cíes, máis preto que nunca

Sociedade 04/07/2010
  Envía a túa opinión

Os que decidan aproveitar estes primeiros días de xullo para visitar as Illas Cíes deben saber que a navieira Mar de Ons amplía o servizo regular de transporte marítimo coa chegada da tempada alta estival. Programa oito frecuencias diarias durante xullo e agosto para ir ata o Parque Nacional das Illas Atlánticas dende Vigo e outras sete para retornar. Asemade, establécense catro novas conexións de ida e tres de volta dende Cangas e o mesmo número dende Baiona. Os billetes custarán 18 euros e medio para os adultos e 6 para os nenos de 3 a 12 anos de idade.


Cartaz da mostra

Álzase o pano da XXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Sociedade 02/07/2010
  Envía a túa opinión

7 espectáculos conforman a XXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, con representacións repartidas entre Cangas, Aldán e O Hío, mesturadas entre rúas, prazas, auditorios e salas. A pesar dos recurtes económicos, a Mostra non resta valor as súas actuacións, cunha programación e actividades do máis atractivas, ademais de varios eventos complementarios que inclúen cursos, exposicións ou diversas xornadas de traballo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros