Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz do festival

O Festival Sons da Lameira, mestura de música tradicional galega e rock

Sociedade 02/07/2010
  Envía a túa opinión

A unión da música tradicional galega e o rock constitúe a esencia do festival Sons da Lameira que se celebra hoxe e mañá sábado no barrio de Matamá de Vigo. Un evento organizado por dúas asociacións da parroquia integradas principalmente por xuventude, o Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a Asociación Xuvenil de Actividades de Ocio de Matamá. O festival, que cumpre este ano a súa cuarta edición, nace da necesidade de ampliar a oferta cultural do barrio no verán e das inquedanzas por facer música tradicional galega e música rock.


Logo da asociación

Un ano para TRANSformar a sociedade

Sociedade 28/06/2010
  Envía a túa opinión

Conmemórase nesta xornada o día do orgullo de gays, lesbianas, bisexuais e transexuais baixo o lema “Un ano para TRANSformar”. O LGTB 2010 pretende destacar con esta mensaxe a problemática na que viven as persoas transexuais nos diferentes ámbitos da súa vida e esixir a despatoloxización da transexualidade dos manuais de psicoloxía e psiquiatria. A Asociación Nós Mesmas de Vigo súmase a esta loita a prol da defensa dos seus dereitos, pola tolerancia, o respeto, a igualdade e a visibilidade das mulleres lesbianas e bisexuais da nosa comunidade.


Busto de Sócrates en Tui

Sócrates volve para presidir a fronteira

Cultura 27/06/2010
  Envía a túa opinión

No ano 399 a.C. un tribunal condenou a morte ao filósofo Sócrates "por non crer nos deuses da polis". O pensador sofreu unha nova condea en 1936 cando os militares sublevados botaron ao rio Miño un busto seu colocado no centro de Tui (Pontevedra). Unha réplica da imaxe volve desde onte presidir os xardíns da localidade fronteiriza.


Cartaz da festa

Exaltación do solsticio de verán en Redondela

Sociedade 25/06/2010
  Envía a túa opinión

A XIV Festa dos Fachos de Redondela celébrase esta fin de semana coa pregrinaxe do romeiros ao Monte da Peneda. Unha celebración organizada pola Asociación Alén Nós en colaboración con outros colectivos de Vilaboa, Soutomaior e Redondela. Nela exáltase o comezo do solsticio de verán para recuperar unha festa popular de orixe ancestral. Un festexo que invoca ás tradicións históricas reivindicando cuestións culturais ou ecolóxicas. Pouco antes da media noite, ás dez e media, os romeiros citaranse ao pé do monte para facerse cos fachos e comezar a ascensión.


Axentes da Garda Civil e mariñeiros a bordo dun dos barcos

Unha ducia de detidos en Vigo e Portonovo por pescar con dinamita

Sociedade 23/06/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Querían pescar sardiña con dinamita. Fontes da Garda Civil indican que ese era o obxectivo dos barcos do cerco que se preparaban para sair a pasada noite á captura do peixe máis prezado nas vísporas do San Xoan. A Benemérita incautou 10 quilogramos de explosivo e 400 denotadores.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros