Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Pedro Guerra inclue no seu último disco cancións como "El dia que me quieras"

Pedro Guerra actua na Coruña

Sociedade 14/10/2009
  Envía a túa opinión

O artista canario interpreta por primeira vez só con guitarra cancións maxistrais do repertorio latinoamericano e español nun concerto exclusivo para socios da FNAC no establecemento da Praza de Lugo. Presenta o seu disco Alma Mía no que incluie versións clásicas do cancioneiro hispano e latinoamericano con tangos, boleros, rancheras e copla.


Cospedal visitou Ferrol no pasado mes de febreiro

Cospedal na Coruña coa treboada do Gurtel

Sociedade 09/10/2009
  Envía a túa opinión

A secretaria xeral do Partido Popular Dolores de Cospedal participa este mediodia en Oleiros (A Coruña) nun xantar organizado polo Club de Empresarios de Iñás. O telón de fondo da visita é a investigación policial do caso Gurtel, as medidas adoptadas pola presidenta da Comunidade de Madrid Esperanza Aguirre expulsando do grupo  parlamentario do PP a tres imputados e a reclamación de sancións similares en Valencia e Galicia.


Francisco de Goya naceu en 1746

A arte do século das luces na Fundación Barrié

Sociedade 06/10/2009
  Envía a túa opinión

A identidade da pintura non reside na beleza, senón na liberdade. Esa é a idea dos teóricos de finais do século XVIII. Con ela crearán as bases da revolucionaria arte da nosa época, unha arte sen restriccións nen límites, sen cánones e sen un significado explícito.


Cartaz da feira

Mercabetanzos contará con 35 postos de comerciantes locais

Sociedade 03/10/2009
  Envía a túa opinión

35 stands de comerciantes do Concello de Betanzos pertencentes a diferentes sectores (textil, zapatería, óptica, complementos ou perfumería) daranse cita no Mercabetanzos 2009. A IV Edición da feira das oportunidades do comercio de Betanzos celébrase esta fin de semana na Praza irmáns García Naveira.


O primeiro discurshow da historia, “Matarratos Darwin”, estréase no Domus

Cultura 02/10/2009
  Envía a túa opinión

O científico e divulgador Xurxo Mariño na compaña do actor Vicente de Souza dan forma ao “discurshow”, un novo xeito de transmitir coñementos relacionados coa vida cotiá, é dicir, coa ciencia, dun xeito atractivo e divertido, mais sen abandonar o rigor. O primeiro destes discursos leva por nome “Matarratos Darwin” e trátase dunha pequena visita ás aventuras dun naturalista inglés nun planeta descoñecido, segundo comentou en Radiofusión o propio Mariño. Presentarase ante o público na Sala Leonardo da Vinci do museo Domus de A Coruña ás sete e media desta tarde.



1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros