Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Ordes

Información da emisora Novas da emisora

A corporación de Ames despediu o curso pasado xantando nun comedor escolar.

A Xunta achegará 60.000 euros ao concello de Ames para a xestión dos comedores escolares

Sociedade 24/07/2012
  Envía a túa opinión

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o alcalde do concello de Ames, Santiago Amor Barreiro, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a xestión do servizo de comedor en cinco centros escolares do concello. Así para o curso 2012-2013 a Consellería achegará 60.000 euros para a xestión do servizo complementario dos comedores nos CEIP A Maía, Agro do Muíño e de Barouta; o CEP de Ventín e o EEI do Milladoiro, dando servizo a máis de mil usuarios. esta achega será transferida ao concello de Ames desde a Xunta unha vez que os primeiros xustifiquen os correspondentes gastos.


Pleno do Concello de Ordes

Buscando emprego

Sociedade 16/07/2012
  Envía a túa opinión

Bolsa de traballo, axudas a desempregados, feiras de emprego, prácticas laborais. Son algunhas das informacións que se centralizan nun novo portal web que xa está na rede. Trátase dunha iniciativa da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Ordes.


Juarez, Gallardón e Feijoo en Santiago de Compostela

Autobuses para a movida

Sociedade 10/07/2012
  Envía a túa opinión

A asociación Movida de Ordes ven de poñer en funcionamento un novo servizo de autobuses nocturnos para as noites dos sábados, coa fin de reactivar a marcha e ocio nocturno no Concello. A iniciativa arrancou esta fin de semana e entre as ventaxas está o incremento na seguridade das principais vías de acceso á vila, á que cada sábado se achegan milleiros de persoas para disfrutar dun dos epicentros da movida en toda Galicia.


O rapeiro García e a compañía Viravolta poñen en marcha Titerehop

Os monicreques demostran o seu “flow”

Cultura 22/04/2012
  Envía a túa opinión

A compañía de monicreques Viravolta e García MC, membro de Dios ke te Crew, unen as súas forzas en Titerehop. Esta iniciativa formativa, que está a percorrer os distintos recunchos de Galicia como parte do programa FalaRedes, diríxese a rapaces de entre 13 e 18 anos. Inclúe dous obradoiros -un de hip hop e outro de “construción dun títere que cante”- e conclúe cunha posta en escena do aprendido na que a marioneta “rapea” as rimas construídas polos mozos.


Festival de Vitaminas para o galego o 27 de abril

Cultura 20/04/2012
  Envía a túa opinión

Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 26 medios de comunicación na lingua propia, organiza un festival artístico o vindeiro venres 27 de abril en Compostela. O evento inclúe un recital poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo, seguido dun concerto do grupo punk de Muros Terbutalina.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros