Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Eume

Información da emisora Novas da emisora

O libro das eleccións europeas comeza a escribirse esta noite. (O.Aldegunde)

A fatiga democrática e as eleccións

Sociedade 08/05/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

As doce desta noite comeza a campaña das eleccións europeas. Principia cando caseque nove de cada dez cidadáns españois pensa que Europa deixou de sermos util. Catro de cada dez coidan que a Unión Europea responde a un club de Estados no que cada un vai ao seu. As eleccións do vintecinco de maio pescarán nese caladoiro de desafección social e politica.


Valerie Jane Goodall, naturista e primatóloga inglesa.

A UDC reivindica ás mulleres que fan ciencia

Sociedade 23/04/2014
  Envía a túa opinión

A Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña lanza a campaña Día d@ Científic@ Galeg@, escrito desta maneira, con arrobas, que leven á reflexión sobre a necesidade de incluír as mulleres cando se fala de ciencia e tecnoloxía. A campaña preséntase con motivo do Día do Científico Galego, que organiza o 23 de abril a Real Academia Galega da Ciencia, á que moitas mulleres que traballan na ciencia en Galicia acusan de telas “invisibilizadas”. A porcentaxe de mulleres científicas no sistema universitario galego acada case o 50%. É fundamental falar de científicas e científicos en calquera comunicación que se refira ao colectivo das persoas que fan ciencia.


Debuxo de Castelao

Galicia, cada vez máis vella

Sociedade 16/04/2014
  Envía a túa opinión

Galicia é cada vez máis vella, constata o profesor de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela Carlos Ferrás. Denuncia a crítica situación provocada pola baixa natalidade e pola elevada edade media da poboación. Requirese tomar conciencia da gravedade do problema. A xente nova, traballa e paga impostos, a Facenda pública para manter as pensións. Ou convertimos Galicia nun lugar atractivo para vivir, ou pasaremos, a ser un lugar máis dependente de zonas dinámicas que son quen de atraer poboación.


O gaiteiro Farruco de Montrove. Antonio Jaspe Moscoso

Xantar Gaiteiro nas Pontes

Sociedade 20/03/2014
  Envía a túa opinión

A cita é nas Pontes, este domingo 23 de marzo. Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos convida a todos os seus soci@s e persoas amantes da cultura tradicional galega ao Xantar Gaiteiro. O lugar escollido para a celebración desta XIX edición é o concello das Pontes, concretamente nunha carpa situada no Colexio Santa María, na Praza de América s/n , onde todos os asistentes poderán disfrutar do canto, o baile e a música tradicional, e dun menú consistente en sopa, cocido galego e postres tradicionais.


Natividade López e Margarida Corral presentan o informe sobre as mulleres da CIG

A crise iguala por abaixo as condicións laborais de mulleres e homes

Sociedade 07/03/2014
  Envía a túa opinión

A taxa de paro feminino medrou só no último ano 1,5 puntos e case que triplica a de 2008. As mozas galegas emigran porque non atopan traballo en Galiza e xa desapareceron do padrón de habitantes máis de 58.000 de entre 15 e 34 anos desde que comezou a crise. As que quedan ven como se deterioran as súas condicións laborais e salariais, como se reducen as axudas públicas ás persoas dependentes e como a responsabilidade do seu coidado volve recaer sobre elas. Canto ás maiores, máis de 30.000 perciben unha pensión non contributiva -366 euros ao mes- e as que cobran unha pensión contributiva ingresan unha media de 574 €, o 53,7% do que ingresan os homes. Así consta no Informe “A muller no mercado laboral en Galiza en 2013” presentado pola CIG e que se insire nunha campaña arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora e coa que, baixo o lema “As políticas do PP prexudican seriamente os nosos dereitos”, se acusa directamente ao Partido Popular de provocar un retroceso sen precedentes nas condicións laborais, salariais e de vida das mulleres galegas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros