Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Allariz

Información da emisora Novas da emisora

A Casa da Maleta construiuse en Barallobre en 1925

A crónica da emigración galega, unha epopeia das clases desfavorecidas

Sociedade 11/04/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O indiano Antonio Fernández construiu en Barallobre (Fene A Coruña) a orixinal "Casa da Maleta", un edificio único e irrepetible coroado pola figura dun emigrante cunha maleta e que porta na súa man un facho, símbolo de cultura, educación e progreso. Outro emigrante, Arxentino da Rocha Alemparte creou tamén na súa localidade natal de Xunqueira de Ambia en Ourense un gabinete das marabillas. A peripecia relátase nun libro (O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte) que veñen de publicar en Edicións Xerais Irene e Rodrigo Pérez Pintos.


José Luis Baltar preside a Deputación de Ourense

Non se poden permitir excepcións, afirma Baltar

Sociedade 06/03/2014
  Envía a túa opinión

"Non se pode permitir ningún tipo de excepción" afirmou o presidente provincial do PP en Ourense José Luis Baltar, aludindo á situación dos sete concelleiros populares de Santiago de Compostela acusados de prevaricación e aos que se lle abriu xuizo oral o pasado luns. O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo e o alcalde de Santiago Angel Currás defenderon o mantenemento do seu posto dos encausados, indicando que "non están acusados de corrupción".


Cartel da 15 edición do salón gastronómico e turístico

Recendo caribeño en Xantar 2014

Sociedade 05/02/2014
  Envía a túa opinión

Semella imposible pensar no Caribe con este temporal que está sobre Galicia, pero en Expourense lograron concentrar algo do calor, do color e, sobre todo, do sabor de Cuba con motivo da edición número 15 de Xantar, o Salón Internacional da Gastronomía e o Turismo que se celebra entre estes días 5 e 9 de febreiro no recinto feiral da cidade das Burgas. A illa cubana é o país convidado para este novo salón que estrea ademais o distintivo de “Feira Comercial Interacional” que lle concedeu a Secretaría de Estado de Comercio. O evento convocará a 179 expositores que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie e entre os que destacan 18 restaurantes que ofrecerán 32 menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 30 euros baseados nos produtos autóctonos e de calidade de cada rexión. Haberá ademais menús infantís e aptos paraceliacos.


José Ramón Gómez Besteiro

O PSOE suspende de militancia aos edís críticos de Ourense

Sociedade 30/01/2014
  Envía a túa opinión

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este xoves a suspensión de militancia do cinco concelleiros díscolos do PSOE de Ourense que "incumpriron as súas obrigacións" ao deixar de asistir ás xuntas de goberno local e reunións do grupo municipal.


Cartaz de presentación da película

N VI, onde non pasa nada

Sociedade 14/11/2013
  Envía a túa opinión

O venres 15 de novembro, terá lugar no Museo Etnolóxico de Ribadavia, ás 20h, a proxección do documental N VI de Pela del Álamo, rodado en 2012 e de 86 minutos de duración. Antigamente viaxabamos por estradas que atravesaban lugares habitados: pobos, aldeas ou cidades. Hoxe, aquelas estradas foron substituídas por autovías e autoestradas illadas da paisaxe que atravesan. A N-VI une Madrid con Galicia ao longo de 600 km pero dende a construción da autovía A-6, para o mesmo traxecto, algúns tramos da N-VI desapareceron e outros quedaron case abandonados; naqueles lugares de paso e de parada da estrada aparentemente xa non acontece nada.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros