Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Capa da novela “Fontán” (Galaxia)

Marcos Calveiro: “No escudo de Galicia, máis que o copón coa hostia enriba, tería que estar o mapa de Fontán”

Cultura 27/12/2015
  Envía a túa opinión

“Que ninguén se esqueza de que Fontán está no Panteón de Galegos Ilustres”, advirte Marcos Calveiro para lembrar a estatura que Domingo Fontán posúe na historia do país. “Practicamente levo 30 anos detrás da súa sombra e da realización do seu mapa”, explica o escritor vigués verbo dunha fascinación que naceu coa lectura das páxinas finais do “Arredor de Si” de Otero Pedrayo, onde aquel documento - “a primeira vez que se lle puxo rostro ao país”, lembra Calveiro- era protagonista. Tantos anos despois, sintetiza todo o investigado arredor do intelectual e da súa fazaña, a Carta Xeométrica, na novela “Fontán” (Galaxia), coa que gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol.


Presentación do informe da Red Localis

“Cómpre interiorizar a cultura da transparencia, o dereito cidadán a saber”

Institucional 26/12/2015
  Envía a túa opinión

Algunhas das macrocausas xudiciais abertas arestora nos xulgados galegos teñen a ver con supostas prácticas irregulares en procedementos de contratación, con sospeitas de prevaricación ou tráfico de influencias en procedementos habituais nas administracións locais ou provinciais. Diante desta situación, cabe preguntarse se este tipo de situacións se poderían ter evitado cun cumprimento apropiado dos mandatos de transparencia na xestión da cousa pública. A Red Localis, unha iniciativa xurdida ao abeiro das tres universidades galegas e participada por traballadores e especialistas no eido do goberno local, vén de presentar o seu segundo traballo de análise que leva por título “Abrindo portas e fiestras dos concellos galegos. Máis transparencia para un mellor goberno local”. A coautora do mesmo canda José Caamaño, e co directora da Red Localis, Concepción Campos, recoñece que “unha das áreas con maiores dificultades é a contratación” e que “é na modificación de contratos onde adoita haber máis irregularidades no procedemento”.


Colexio electoral

O Partido Popular perde a maioría

Sociedade 20/12/2015
  Envía a túa opinión

Unha coalición entre o PSOE e Podemos é o goberno máis probable á luz do resultado das eleccións xerais celebradas hoxe. Pedro Sánchez requeriría ademais da abstención dos deputados nacionalistas cataláns para derrotar á previsible oposición do Partido Popular e Ciudadanos. "O esforzo para constituir en Galicia unha unidade popular acaba de ser refrendado polos cidadáns como un auténtico éxito, e por primeira vez o pobo galego obtén grupo parlamentar nas Cortes do Estado" afirmou o dirixente de En Marea Xosé Manuel Beiras.


Julio Fernández Gayoso

Directivos de Novacaixagalicia de novo na Audiencia Nacional

Sociedade 15/12/2015
  Envía a túa opinión

Directivos de Novacaixagalicia declararán nos próximos días na Audiencia Nacional por unha das operacións inmobiliarias que denunciou o FROB e está a investigar a Fiscalía Anticorrupción. Espérase que comparezan ante o xuíz Julio Fernández Gayoso, José Luís Pego, Gregorio Gorriarán e Domingo González Mera. A Audiencia condenou no pasado mes de outubro aos directivos da caixa a penas de dous anos de cárcere por un delito de administración desleal en concurso cun de apropiación indebida


Irene Silva, deseñadora creativa de Baiona

Vendas e forzas na feira das industrias culturais

Cultura 06/12/2015
  Envía a túa opinión

Non hai só libros no Culturgal 2015. Propostas musicais, teatrais e de diferentes cooperativas do mundo da creatividade misturanse no Pazo da Cultura de Pontevedra. Tamén acuden pintoras, ceramistas e artesáns de instrumentos musicais.

Conversa con Irene Silva
1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros