Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Neria

Información da emisora Novas da emisora

A plataforma Nunca Máis diante do Pazo de Xustiza da Coruña

O xuíz absolve ao Goberno polo desastre do Prestige

Sociedade 13/11/2013
  Envía a túa opinión

A Audiencia Provincial da Coruña respaldou hoxe a decisión gubernamental de alonxar o Prestige da costa en novembro do 2002. En consecuencia absolve do delito contra o medio ambiente ao director xeral da Marina Mercante e máis ao capitán e xefe de máquinas do barco. Somentes condena a Mangouras a 9 meses de prisión por un delito de desobediencia. Pola súa edade, non entrará no cárcere. A aseguradora London P&I Club, condenada a pagar 22 millóns de euros. No exterior dos xulgados, un grupo de persoas, convocadas por Nunca Máis, protesta.


Voluntarios solidarios contra a marea negra

O capítulo do Prestige

Sociedade 13/11/2013
  Envía a túa opinión

Lémbranse? Hai once anos xustamente. Talvez estaban afanados nalgunha tarefa, ollando de esguedello para un televisor no bar, ou coa radio de fondo e captaron a nova dun barco que estaba en apuros a poucas millas do litoral galego. Chamábase Prestige, era dunha armadora grega, viaxaba baixo bandeira de Bahamas e trasladaba fuel nos seus tanques. Pasou demasiado preto da Costa da Morte, era monocasco e o mar puido con el. Aquel combustible tinguiu, sen metáforas, literalmente, Galicia de negro cunha marea de chapapote que concitou a atención e a solidariedade do mundo.


Monte Pindo (Carnota A Coruña)

A necesaria ordenación do monte

Sociedade 05/10/2013
  Envía a túa opinión

“A catástrofe do Monte Pindo certificou o absoluto fracaso dunha política ambiental e de montes que desatendeu por completo a prevención dos lumes nos espazos naturais, rexeitou avances en materia de ordenación, multifuncionalidade, fomento de actividades tradicionais e especies autóctonas, para centrarse en entregar o noso territorio a intereses especulativos e empresas contaminantes, sen esquecer á gran industria pasteiro-enerxética que inzou os nosos montes de pirófitas coma o eucalipto”. O texto pertence ao manifesto que chama a unha gran manifestación de país este domingo día 6 con saída ás 12 da Alameda de Santiago de Compostela.


Incendio en Oia

Os medios en galego reclaman unha política forestal global

Sociedade 19/09/2013
  Envía a túa opinión

Parecía que iamos pasar un verán bastante tranquilo. Parecía que a tétrica estampa do 2006 non se ía repetir. Pero tan só 8 anos despois, Galicia volve aparecer nas cabeceiras de todo o Estado cun negro protagonismo. Máis de 20.000 hectáreas foron pasto das lapas durante este verán, un terzo durante setembro. E non semella que sexa froito da casualidade.


Fotografia: Que pasa na costa

O lume do Pindo é un atentado ecolóxico, segundo o alcalde de Carnota

Sociedade 12/09/2013
  Envía a túa opinión

"O lume do Pindo foi intencionado para que non declararan a zona como Parque Natural, o que o convirte nun atentado ecolóxico" afirma o alcalde de Carnota Ramón Noceda (BNG). O lume provocou cortes nos servizos básicos. Zonas de Carnota, Muros e Noia sofriron interrupcións no servizo de augas. Tamén fallou a enerxia eléctrica e a telefonía fixa e móbil.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros