Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Arzúa

Información da emisora Novas da emisora

O granito e a pedra tarroeira danlle singularidade a Toques

Entre o prerrománico e o románico

Sociedade 16/08/2014
  Envía a túa opinión

Pedras de características e cores diferentes conviven na igrexa de San Antoniño de Toques. (Santantoíño, para Xosé Manuel Broz) A pedra local de cór ocre, tarroeira, mistúrase cos sillares de granito, o neis escuro e a lousa. Segundo explica Broz, no seu volume Santantoíño de Toques, parte da edificación corresponde á capela primitiva, que existiu antes desta, posiblemente nun lugar da montaña. Explicaríase así a convivencia de estilos prerrománicos cun primeiro románico do século dez.


Xosé Manuel Broz. Debuxo con reconstrución hipotética do mosteiro de Santantoíño de Toques

Os mosteiros de cando Galicia era reino

Sociedade 10/08/2014
 13 comentario/s - Envía a túa opinión

San Antoniño de Toques e San Xoan de Caaveiro comezaron a construirse no século dez. Ao menos esa é a data citada nas primeiras referencias escritas dos cenobios da terra de Melide e das fragas do Eume. Comparten a súa instalación en entornos paisaxísticos de singular beleza. Lugares recónditos de tranquilidade e paz onde a auga dos ríos marca o paso do tempo.



Castresana e Juárez na inauguración esta mañá

Santiago acolle a historia da aviación española

Sociedade 09/07/2014
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Inaugurouse no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) a exposición que conmemora os 75 anos do Exército do Aire. Trátase dunha mostra itinerante organizada polo Servizo Histórico e Cultural do Exército do Aire. En Santiago permanecerá ata o día 16 deste mes. Ao acto de inauguración asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, quen salientou que esta exposición axuda a dar visibilidade ao labor das Forzas Armadas. O comisario da exposición é o coronel Juan Ayuso, director do Museo de Aeronáutica e Astronáutica, máis coñecido como Museo do Aire, situado en Madrid.


Os da Ría

Teo acolle o sabado o XVII Música na Noite

Sociedade 30/06/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A noite de folk e rock na 17ª edición do Música na Noite celébrase no Campo de San Domingo en Calo (Teo) o sábado 5 de xullo a partir das 22.00 horas. Nao, chegan desde A Estrada co seu último traballo recen editado para presentar en Calo ese son directo e cheo de distorsión que os caracteriza. Tamén concurren: Familia Caamagno, Habelas Hainas, Os d`abaixo e Os da Ría.


Benedicto con Zeca Afonso nos 70

Polo mar da liberdade: homenaxe a Benedicto

Sociedade 25/06/2014
  Envía a túa opinión

Comisións Obreiras, a través da Fundación 10 de Marzo, participa mañá xoves, 26 de xuño, na homenaxe que se lle renderá ao cantante, mestre e sindicalista compostelán Benedicto García Villar. «Polo mar da liberdade» será o lema do acto, que comezará ás 20 h no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A entrada é libre ata completar a capacidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros