Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 25 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

2011.. Protesta dos traballadores de Zara en Santiago de Compostela

O éxito empresarial e as condicións laborais en Inditex

Sociedade 04/08/2015
  Envía a túa opinión

O fenómeno Inditex. Ese é o titular dun profundo artigo de Manoel Barbeitos e Gonzalo Rodriguez publicado no último número da revista Tempos Novos. Salientan que o grupo Inditex logrou no 2014 un beneficio neto de 2.501 millóns de euros, o que supón un crecemento do cinco por cento, respecto do ano anterior.


Cartel cos edificios escollidos

A arquitectura funcional do século XX reclama a atención debida

Cultura 27/07/2015
  Envía a túa opinión

A Academia Galega de Belas Artes presenta hoxe ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, unha selección con trece edificios do movemento moderno para a súa consideración patrimonial. O acto celebrarase na súa sede da Coruña ás 20:00 hora. As trece arquitecturas elixidas son: o mercado de Santo Agostiño (1932), o poboado mineiro de Fontao (1954), a fábrica Cross (1954), o edificio residencial Plastibar (1957), o encoro de Belesar (1959), a lonxa coruñesa do Gran Sol (1960), a igrexa da Cruz do Incio (1960), a Universidade Laboral (1961), a igrexa parroquial Nosa Señora das Neves (1962), o barrio das Flores (1965), o colexio vigués Saladino Cortizo (1965), o convento ourensán das Carmelitas Descalzas (1965) e o colexio dos Milagros de Baños de Molgas (1965).


Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña

A Coruña estuda recuperar a xestión pública da ORA

Sociedade 18/06/2015
  Envía a túa opinión

O alcalde, Xulio Ferreiro, defendeu  a iniciativa do Goberno local coruñés para recuperar a xestión pública da ORA, sobre a que solicitou un informe, e asegurou que esta decisión “vai redundar nunha maior calidade do servizo”. Segundo Ferreiro, só haberá que indemnizar á empresa adxudicataria do recente concurso convocado polos gastos que efectuou para participar. A ORA foi un servizo xestionado na Coruña por Vendex, a empresa na cerna da Operación Pokémon.


Alberto Núñez Feijóo

A Xunta de Galicia adxudica a unha mesma empresa campañas por un millón de euros

Sociedade 15/06/2015
  Envía a túa opinión

A Xunta acaba de concederlle a unha mesma empresa de publicidade a execución de dúas campañas  institucionais por valor dun millón de euros e cunha semana de diferencia.  J&J Publicidad y Comunicación, unha empresa publicitaria de Vigo, recibiu o 15 de maio 194.000  euros da Secretaría Xeral de Medios e o 22 de maio, outros 820.000 máis da Consellería do Medio Rural, segundo informa o xornal dixital Galicia Confidencial.


Xabier P. DoCampo, escritor

Unha alianza para a rexeneración cívica da sociedade galega

Sociedade 12/06/2015
  Envía a túa opinión

Unha Marea Aberta podería constituirse como candidatura galega ás eleccións xerais que previsiblemente se convoquen en novembro. Trataríase de formar unha candidatura aberta á cidadanía e aos movementos sociais co compromiso de configurar un grupo parlamentario galego para defender os intereses de Galicia no futuro Congreso dos Deputados. Anova, BNG, Compromiso por Galicia, Cerna, Esquerda Unida e Podemos estarían chamados a apoiar a iniciativa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros