3 comentario/s - Envía a túa opinión
O mar cóbrase unha nova vítima en Galicia. Un mariñeiro faleceu por mor do afundimento do buque Ficha II acontecido a unhas 20 millas ao norte da costa lucense de Burela. O falecido atende ás iniciais F.J.G.P, tiña 40 anos e traballaba como engraxador. A embarcación, con base en Ribeira, de onde era a vítima envorcou por causas aínda descoñecidas contra as tres e media desta tarde.
3 comentario/s - Envía a túa opinión
O galego Luis Tosar logrou o Premio Goya a mellor interpretación masculina como protagonista polo seu papel na película Celda 211. Esta longametraxe, dirixida por Daniel Monzón, sumou 8 premios Goya, convertindose na gran triunfadora da noite do cine español. Pedro Almodovar tamén protagonizou a velada, ao participar nela por primeira vez desde hai 5 anos. A película de Alejandro Amenábar, Ágora logrou 7 Goyas.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
Fonsagrada prepara para o sábado 6 e o domingo 7 de febreiro a XIII edición da Feira do Butelo. Espérase manter o nivel de afluencia e de vendas do ano pasado, cando visitaron a vila máis de 8.000 persoas que mercaron 15.000 quilos de produtos cárnicos nos 60 postos instalados no feiral.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
Dous desprendementos rexistrados nas últimas horas debido ás intensas choivas obrigaron á compañía ferroviaria Feve a suspender o servizo de tren entre as localidades de Cerdido (A Coruña) e Ribadeo (Lugo). O desprendemento, rexistrado na Mariña, afecta a un tramo comprendido entre os puntos quilométricos 114/680 e 114/850, entre Burela e Cangas de Foz.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
O presidente de Cantabria Miguel Angel Revilla acude este sábado a Foz para pronunciar o pregón da VII Festa do Berberecho. Preténdese salientar a unión e amizade existente desde hai anos entre as poboacións de Laredo e Foz. Entre o sábado e o domingo repartiránse 7000 quilos do molusco bivalvo.