Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Cartel dunha das funcións de Loca-Motora

Cine, música, teatro e deporte para o Nadal de As Pontes

Sociedade 21/12/2009
  Envía a túa opinión

O Nadal comeza mañá no Concello de As Pontes. Non o fai tan só por ser o día da lotería, rito inaugural en case que todas as casas galegas, senón porque dará comezo o seu programa cultural especial de Nadal. Será a Rondalla Vila de As Pontes a encargada da apertura oficial das festas, a partir das 20.00 horas, na Casa Dopeso. Alí, sacarán todo o seu bo facer para que pequenos e maiores desfruten das panxoliñas e temas típicos destas datas. A entrada para asistir a este recital será totalmente gratuíta.


As gañadoras posan co recoñecemento ao mellor par, mellor criador e mellor cesta

Nin o frío pode co Capón

Sociedade 20/12/2009
  Envía a túa opinión

Un ano mais, a Feira do Capón de Vilalba foi un éxito de vendas e de público. Este evento volveu a congregar a miles de persoas diante dun produto que é referencia de calidade dentro da industria alimentaria de Galicia, aínda que incluílo dentro desta categoría sería un pouco aventurado, xa que a súa crianza faise de forma case que artesanal, cun censo de criadores e de animais limitado e unha alimentación y uns coidados que se alonxan da produción en masa. Este é, precisamente, un dos motivos que situou o seu prezo en torno aos 200 euros o par.


Na imaxe unha das manifestacións do sector agrogandeiro en Madrid

As organizacións agrarias arrincan a Samuel Juárez un compromiso de apoio aos seus intereses fronte ao Executivo

Sociedade 18/12/2009
  Envía a túa opinión

As organizacións profesionais agrarias Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego, xunto con AGACA, obtiveron hoxe, nunha reunión co Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, o compromiso dun apoio firme e decidido ás demandas dos produtores lácteos.


Vázquez Portomeñe foi o encargado de inspeccionar o estado das obras dos cuarteis da garda civil

Vázquez Portomeñe pon en funcionamento os cuarteis da Garda Civil en Baamonde, Abadín e Castro de Rei

Sociedade 18/12/2009
  Envía a túa opinión

O subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe xunto cos alcaldes de Begonte, José Vázquez García; Abadín, José María López Rancaño e Castro de Rei, Juan José Díaz Valiño; o Tenente Coronel Xefe da Comandancia de Lugo, Gonzalo Borrás Formoso e representantes da Garda Civil, levou a cabo hoxe unha visita de comprobación e de posta en funcionamento dos cuarteis dos citados municipios.


Cartel do certame

O II concurso de tapas de Muimenta deixa ao Bar Tino e ao Asador O Cabuxo como triunfadores

Sociedade 18/12/2009
  Envía a túa opinión

O Bar Tino mantivo o seu prestixio como mellor creador de tapas de Muimenta, con permiso de Asador O Cabuxo, na II edición do Concurso de Tapas da vila chairega, xa que rematou como número un entre os gustos do público e en segundo posto no tocante ao concurso do xurado profesional. Foi nesta última categoría onde a supremacía acadada no certame de agosto declinou en favor de O Cabuxo. O terceiro triunfador foi O Abuelo, que foi terceiro nesta última categoría e segundo na popular.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros